Clasificación do patrimonio cultural

Os bens do patrimonio cultural de Galicia, co obxecto da súa protección, poden ser declarados de interese cultural ou catalogados. Teñen a consideración de bens de interese cultural os bens e manifestacións inmateriais cun carácter máis sobranceiro no ámbito da Comunidade Autónoma. Os bens catalogados son aqueles bens e manifestacións inmateriais non declarados de interese cultural que, polo seu notable valor cultural, sexan incluídos no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.

A Lei do Patrimonio Cultural de Galicia prevé para os bens integrantes do patrimonio arquitectónico ou industrial, un diferente alcance da protección, derivada da relevancia do seu valor cultural e do seu estado de conservación, pode clasificarse en niveis integral, estrutural e ambiental, para os cales se permitirán diferentes modelos de intervención.