Dinamización da cultura

Dinamización da cultura

Unha concepción ampla e participativa da cultura, na que o conxunto da sociedade poida ter acceso aos bens e manifestacións culturais e intervir nesa construción cultural como axentes activos, profesionais e afeccionados, esixe o desenvolvemento de liñas de actuación que atendan os distintos ámbitos creativos e a variedade das súas manifestacións. Nesa dirección, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria traza a súa intervención social en dous obxectivos básicos: dunha parte, o fomento da produción cultural nas súas diversas vertentes; por outra, o estímulo da oferta e da participación social na cultura.

Nesta sección atoparás información sobre os programas de dinamización cultural da Xunta de Galicia no ámbito da lectura, do audiovisual, das artes escénicas e musicais, das artes plásticas etc., así como as liñas de proxección exterior da produción cultural galega.