Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Duncan de palleiro

Elenco: Lines González e Lara Manzano

Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a esa raza mítica, lendaria e con máis prestixio de todas, a de Palleiro.

Este can é Duncan de Palleiro, o príncipe das corredoiras.

Duncan leva unha vida sinxela ao carón do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas de sempre, nunha vila pequeniña e fermosa no medio das montañas chamada Óubidos, da cal se sente moi fachendoso.

Galego

Gramola Yé, Yé

Gramola Yé,Yé é un cuarteto formado por guitarra, baixo, batería e voz cunha liña moi fresca e festiva. Renden homenaxe aos guateques, ao movemento Yé Yé e ás cancións do verán dos anos 60 e 70.

A formación caracterízase pola súa exquisita calidade musical e dará aos vosos eventos un toque fresco no que non se parará de cantar nin bailar.

O seu repertorio compóñese de cancións dos Diaños, Os Bravos, Karina, Massiel, El Dúo Dinámico e lembrarán cancións como As frechas del Amor, Un Raio de Sol, OH,OH July o El Bául dos recordos ou o clásico A,A,A.

Galego

Contacreques

Contacreques é un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 e 7 anos.

É unha peza de creación propia con textos de Ricardo Combi, baseados nos contos clásicos: O reiseñor, Garvanciño, O zapateiro e os trasnos.

O reiseñor: na remota China, o canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador.

Garvanciño: as peripecias dun minúsculo personaxe nun mundo de "xigantes".

Galego

Aquí Tou

É importante saber de onde vimos para coñecernos a nós mesmos. Como cheguei a ser o que son agora mesmo? Como cheguei a estar onde estou? Probablemente todos nos fixemos estas preguntas algunha vez na vida. As respostas non son sinxelas, pero se tiramos do fío, non tardamos en decatarnos de que somos froito dun montón de variables xenéticas e ambientais que nos fan tomar decisións, pero que tamén estamos condicionados pola casualidade, o azar ou como queiramos chamalo, que inflúe na nosa existencia tanto ou máis que a nosa propia vontade. 

Galego

A gran viaxe

A capitana Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave a terra en busca do Ziscornio o elemento necesario para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bechos malignos. Co elemento secreto no seu poder Centella e Potasio suben a súa nave espacial e despídense das boas xentes e dispóñense a despegar pero comezan os problemas!!! Rompe o vehículo, perden o mapa, chegan os malos e a cousa complícase…
Poderán Centella e Potasio regresar o seu planeta?? Conseguirán que as boas xentes da Terra os axuden? Pasen e vexan se estes intrépidos aventureiros dan conta do recado.

Galego

Cantares da terra

Mallou é un dúo formado por Sabela King e Benjamín Vázquez. O seu repertorio compren dedende  al gunhas das grandes cancións  populares da nosa música, ata composicións de colleita propia.

Mallou reinterpreta cancións de Suso Vaamonde,AmacioPrada,Xoán Montes Capón, e de FranPerez  "Narf",  entre outros.

Galego

Broken Peach en concerto

Broken Peach é unha banda viguesa que resulta ser a perfecta conxunción entre The Supremes e The Who, é dicir, un grupo vocal femenino (4 vocalistas) acompañado dunha sólida banda de rock (3 músicos: guitarra, baixo ou teclado e batería). Podería dicirse que son unha banda, podería dicirse que son un coro, ou podería dicirse que son un espectáculo para nenos e adultos… O seu eclecticismo musical viaxa dende o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk e o pop.

Galego

4 Monos

Elenco: Brais das Hortas e Marta Ortiz

Hai moitos anos, no Lonxano Oriente, naceu un símbolo que viña do poder para reprimir ao pobo : os Tres Monos Sabios. Un mono non oía o que pasaba ao seu redor.

Outro non quería ver o que tiña diante. E o último calaba a boca para non dicir todo o que pensaba.

Nós dámoslle a volta. Os nosos monos van escoitar, ver e falar. Van pensar, van actuar... e van ser catro!

Catro monos, catro historias.

A auténtica historia do lagarto da saia da Carolina, que non era un, senón dous... e non se levaban moi ben.

Galego

O camiño do afiador

Un espectáculo contado a través do Camiño, dos Camiños de Santiago polos que os afiadores saían de Galicia para afiar e espallar a cultura galega polo mundo.

Un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, nun show que nos amosa como os afiadores percorrían as rutas dos Camiños de Santiago nun continúo ida e volta e coas máis sorprendentes historias..

O afiador desprazábase centos ou milleiros de quilómetros coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo.

Galego

Desconcerto

DESCONCERTO é un espectáculo cómico sobre a música culta posto en escena por Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Marcos Orsi.

Os nosos protagonistas aparecen, por accidente, no escenario dun concerto de música culta. Coa orquestra a piques de comezar o repertorio e o público preparado para gozar co recital, vense na obriga de facerse pasar por reputados músicos para saír da situación. Curiosamente, a partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto vaise executando non sen diversos atrancos cómicos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios