Historias dun ilusionista
Este espectáculo, adicado ao público entre 0 e 99 anos, promete sorprender e facer rir da man de Rafa, un dos ilusionistas con máis proxección do noso país, que cos seus ingredientes preferidos, elegancia, ironía e presenza escénica, converterá en inesquecible o anaco que pasardes xuntos.
Noventa minutos cheos de ilusións, risas, participación do público e unha coidada escenografía é o que vos espera neste espectáculo. Todo esto amenizado dunha selección musical que non vos deixará indiferentes.

