Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Rúa Aire

O Retrete de Dorian Gray, en coprodución  co Centro Dramático Galego (DDG), presenta a primeira peza do mundo con marionetas feitas con globos.
 

Sinopse: Unha vetusta maquinilla de procesado e inflado de globos ... Unha xénese nada máis empezar ... Un puñado de globos empeñados en vivir ... Unha ducha accidentada ... Unhas malvadas tesoiras de ideas fixas ... O vento que chama á porta ... Un país vítima dunha Praga de bolsas de plástico ... Un bombín con patas ... Un final que coincide coa conclusión da obra ... É iso.

Galego

Pegadas

Dirección: Etelvino Vázquez

Elenco: Casilda Alfaro

Proposta moi persoal da actriz Casilda Alfaro para a que conta coa produción de Teatro de Ningures, compañía da que forma parte desde a súa fundación hai máis de 27 anos. 

Galego

Concertos para bebés

Os Concertos para bebés teñen a súa orixe no traballo con bebés desenvolvido pola Escola de Artes SAMP desde 1991. No entanto, a compañía Musicalmente ten un modelo propio e único de concerto, composto por 20 a 30 obras musicais, con duracións entre os 30 segundos e 2 minutos cada, nun formato de intensa complicidade entre intérpretes e público, onde o espacio escénico tamén se deseña para potenciar a mellor conexión posible cos asistentes. 

Galego

Cinco historias para unha man

Autor e director: Arturo Pérez

Presentador e manipulador: Ton Arenas

Espectáculo cheo de poesía e sen palabras, capaz de conectar cos nenos e nenas e cos maiores, xa que se identifican cos personaxes e as suas inquedanzas. "A pingueira", "Historia con frores", "O soño", "O impo" e como fío conductor "as mans" que son a alma dos monicreques.

Esta programación da Rede galega de teatros e auditorios pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Kibuku

Autor e director: Jokin Oregi

Sinopse: Xebas e Cocó forman unha parella artística de pallasos con máis ilusión que éxito. Para o futuro espectáculo que preparan, Xebas decide introducir un elemento co que pretende dar a badalada: un gorila de verdade, de carne e óso. Está convencido de que se o doma e lle ensina os diferentes números, a súa sorte cambiará e gañarán o aplauso do público. No entanto, non é tanto o gorila quen vai aprender desta experiencia; Xebas e Cocó van aprender unha lección que xamais esquecerán.

Galego

O afiador

Obra máxica-teatral que xira ao redor dunha roda de afiador dos anos 30, herdada polo Mago Teto dos seus ancestros.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa: Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Galego

Tecnomaxia

Consiste nunha sesión de maxia na que se mestura o ilusionismo co pragmatismo científico mediante aparellos tecnolóxicos e ferramentas de uso cotiá.

Un apartado adicado as novas tecnoloxías. Recomendado para público a partir de 12 anos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios