Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Aurora

Aurora é un espectáculo musical para todos os públicos a partir dos 3 anos. Esta creación mestura teatro de actor e videocreación co desexo de profundizar a experimentación do Elefante Elegante ao redor das linguaxes  visuais. A música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en vídeo creando un universo máxico, cómico e misterioso.

Galego

María Fumaça

María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Os artistas convidan o público a viaxar canda eles no tren máis festeiro que nunca houbo nen haberá.. Nos seus vagóns, o ambiente é sempre de festa porque é unha viaxe entre amigas e amigos.

Deste xeito, fan que os asistentes leven con eles un saquiño cheo de bo humor, de cancións-lambetadas e ritmos-aloumiños, tamén auguiña fresca por se aperta a sede e unha boa dose de espíritu lúdico para viaxar a paso lento e sen destino certo.

Galego

Contos de animalario

Autor e director: Daboapipa

Elenco: Vero Rilo e Santi Prego

Daboapipa, Vero Rilo e Santi Prieto crean un novo espectáculo dirixido a nenas/os de 2 a 6 anos e familias. Cantos e Contos, ese é o xeito da traballo desta compañía coa que, durante 40 minutos, música en directo, canto e palabra únense para crear un universo máxico e lúdico cos contos máis coñécidos.

 

Galego

Onde está o mago Antón?

Autor, director e elenco: Antón Rodríguez

Despois de doce anos nos que mantivo unha actividade intensa de produción de eventos e espectáculos máxicos, facendo só puntuais intervencións nos escenarios, o Mago Antón volve á primeira liña da escena para presentar, en tres formatos diferentes e pensados para distintos espazos de intervención, o seu novo espectáculo Onde está o Mago Antón?.

 

Galego

Fume

 

Autora e directora: Angela Blanco sobre cortometraje de Oliver Laxe

Elenco:
Angela Blanco, intérprete
Miguel Mariño, video creador en directo
Dani Pais, luces e son en directo

FUME móvese entre o cinema, as sombras e a danza. Nun código orixinal que explora os canles que existen entre a pantalla plana e o corpo en movemento. Nesta fusión permanente - efémero atopamos o vehículo para as emocións pretendidas. FUME é unha viaxe sensorial por enriba do narrativo, é vibración.

 

Galego

Divenire

Autor: Circle of trust- Logela
Dirección: Jordi Vilaseca
 
Elenco
Ignacio Fernández
David Ventosa
Alberto Pardo
Marcos Pardo
Juan Manuel Aragón
Victor Lázaro

Divenire é break dance, hip hop, composición contemporánea, multimedia... Todo iso levado á súa máxima expresión fai gozar, vibrar e sorprender.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.

Galego

Laboratorio máxico

Autora, directora e elenco: Laura Muñoz

Laura Mandarina é unha das mellores magas cómicas do momento e conta con grandes recoñecementos e premios polo seu traballo en festivais como Festiclown, Farandula, Torredembarra, Xirivella ...

 

Neste espectáculo no que se mesturan a maxia, o clown e os monicreques Mandarina fai que grandes e pequenos se sorprenndan e escachen coa risa con xogos de maxia cómica e a aparición do seu malhumorado paxaro, Rigoberto.

 

Galego

O Feo

Autora: Marius Von Mayenbur
Director: Juan Carlos Corredoira

Elenco
Lette: Machi Salgado
Karlmann: Manuel Polo
Scheffler: Xoán Abreu
Fanny: Laura Campos

Sinopse: Lette considérase unha persoa normal. Traballa duro como enxeñeiro e goza dun matrimonio apracible e sen sobresaltos. Mais un día descubre unha terrible verdade: é espantosamente feo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios