A casiña de acollida
Contacontos teatralizado e musicalizado, moi participativo e divertido que fala de xenerosidade, amizade, tolerancia, respeto á natureza, reciclaxe…

Contacontos teatralizado e musicalizado, moi participativo e divertido que fala de xenerosidade, amizade, tolerancia, respeto á natureza, reciclaxe…
Un espectáculo infantil ideal para disfrutar en familia. A Marina
encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega
a porto no seu veleiro ... pero nun descuido o pirata Ollo Virollo
róuballe o barco e faise á mar. Tras 45 minutos de acontecementos
¿Cumplirá Marina o seu sono de dar avolta o planeta
Mamá Cabra presenta o seu novo espectáculo no que fai un percorrido pola historia do grupo e da súas mellores cancións. Un espectáculo diferente cun formato de concerto-teatro, no que se amosa unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.
O mago Xabi, o pallaso Lolo e a gran estrela do espectáculo Blanca Houdini, a coelliña branca, farán as delicias dos máis pequenos e sorprenderán aos máis grandes.
Lolo quere aprender a ser mago e Xabi intentará ensinarlle o máis básico, sempre dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público se sinta parte integrante do espectáculo.
Autor e director: Cándido Pazó
Elenco:
Andrés Giráldez Río: Actor e Manipulador,
Eduardo A. Rodríguez Cunha "Tatán": Actor e Manipulador
Miguel Borines Fernández: Actor e Manipulador
La Casona é unha comedia delirante e ocurrente con personaxes estereotipados, esaxerados ata o límite o que nos permite ver profundos traballos actorais. Dora e Lita son dúas vellas que herdaron de Felicitas, antiga dona do Casarón, esta mansión. Unha relación de amor-odio úneas e sepáraas, pero seguen xuntas só para quedar co Casarón, ata que un día soa o timbre e chega a Igrexa, única lexítima herdeira de Felicitas. Amén
Un espectáculo infantil no que os maiores gozarán tanto coma os cativos dunha representación multimedia de música e teatro.
Coidadísimas composicións de funk, swing e rock, acompañadas de divertidas e participativas letras conforman o fío condutor desta obra coral na que dous actores e catro músicos contan a historia de Bim, o pingüín, e Kiwi, o paxaro que non pode voar.
Elenco: Anita Baker, Keke Diez, Manuel Brey, Carlos Clérins, Javier Sampedro e Nacho.
Dirección: Carlos Sante
Texto orixinal: Benxamín Queiro
Chíos son trinta minutos de poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes, con cantigas, bailes, música, poemas visuaiss, xogos e estimulación olfativa e táctil. Con este espectáculo os cativos descubren o mundo a través dos sentidos, transforman obxectos, disfrutan coa música e as palabras.
Autor e director: Artur Trillo
Elenco:
Marta Ríos
María Ordóñez
Diego Rey
Rubén Prieto
Sinopse: A avóa e a mamá están preparando a cea, e que cociñarán?, se pregunta a pequena bruxa. Achégase ao caldeiro e berra:
- Nooon!! Outra vez sopa de sapo!!! Todos os días sopa de sapo!!
- Ben sabes pequena, di a avóa, que para ser unha boa bruxa …ou sexa unha bruxa como ten que ser… ou sexa unha bruxa pérfida e malvada non hai nada como comer a diario sopa de sapo
Autor e dirección: Cándido Pazó
Elenco: Toño Casais e Artur Trillo
Sinopse: Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. Catro pés para o banco da comunicación teatral. Alquimia dramática entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión. En resumo, a fraxilidade humana resoando no fondo do precipicio.