Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Rosa Caramelo e outras historias

Autora: Adela Turín

Directora: Paula Carballeira

Sinopse: Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de color rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da liberdade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.

Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero.

Galego

Love room

Miguel é un periodista deportivo, especializado da actualidade do Atlético de Madrid. Está casado, ten un pequeno e a crise dos 40 comeza a chamar á súa porta.

Tras unha accidentada noite, esperta nunha habitación de hotel a carón de...

Marta, enxeñeira de éxito, solteira, sen fillos nin grandes preocupacións vitais. A súa máxima é ver sempre a parte boa da vida e “Sexo en Nova York” é a súa serie de cabeceira. Presume de non terse namorado nunca pois ten claro que non quere sufrir por amor.

Miguel e Marta espertan xuntos, na mesma cama.

Galego

Retrete Cabarete

Elenco: Ezra Morenos e Marcos PTT Carballido

O retrete de Dorian Gray mestura neste espectáculo varios dos seus números curtos. Sete anos de manipulación máxica, de globos, de virtuosismo coas súas mans. Unha delicatessen para os sentidos

 

Galego

Rei, rei?

Esta historia sobre porqué os merlos ao cantar semellan dicir “rei, rei” foi escrita por Karel Kapeck poñéndose no lugar dos máis desfavorecidos socialmente. Neste espectáculo investígase sobre a técnica  tradicional dos títeres de luva e recupérase a súa frescura e rebeldía.

Galego

Radio Cos

  • Radio Cos, uns pandereteiros de sona que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.

    Xurxo Fernández e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elemntos tírados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación  co país.

    A Banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón.

Galego

Lémbrame un soño

Catro mulleres, Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto femenino onde o protagonismo das arpas e o son doce das suas voces dan vida a un estilo propio e único, chamado Lulavai. 

Galego

CAIR

CAIR é un espectáculo de circo e acrobacias onde accións sinxelas e cotiás derivan en coreografías acrobáticas, excéntricas, con continuos golpes e caídas caóticas que contrastan con coreografías visuais de danza e malabar.

A emoción e o risco súmanse ao humor. O absurdo, o sinxelo e o universal están presentes nas disparatadas rutinas de circo.

Catro personaxes aparecen en escena, non falan, están á espera, sorpréndense cando ven, pero coñécense de toda a vida.

Galego

Presidente

Autor e director: José Prieto

Celso Parada, Merce Castro, Avelino González, Iolanda Muíños, Federico Pérez

 

Sinopse: En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o presidente do goberno e os seus asesores  deciden tomar unha iniciativa desesperada: o Presidente visitará persoalmente ós votantes nas súas casas para convencelos de que o voten. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios