Contos do Vento acatarrado
Autor: Marcelino de Santiago Viqueira
Dirección: Isabel Rey Pousada, Kukas e Gena Baamonde

Autor: Marcelino de Santiago Viqueira
Dirección: Isabel Rey Pousada, Kukas e Gena Baamonde
Comedia de enredo, romántica, aderezada cun pouco de vinagre real, unhas pingas de tenrura, unha areas de clown, con salsa de humor, unhas gotiñas de sorrisos e todo misturado con moito amor.
Pódese tomar frio ou quente, moi nutritiva e dixestiva.
Quen a proba, repite.
Un espectáculo moi completo con danza, música en directo e elementos de teatro.
Trátase dun disco-libro editado pola editorial Galaxia que narra as aventuras duns raparigos que na época estival atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical.
Express Arte é o espectáculo total: clásico, moderno, medieval e contemporáneo. Pero sobre todo e ante todo... un espectáculo. Un percorrido express a través de todas as artes, unha viaxe cara á súa expresión.
Luís Igrexas e Xabier Deive soben ao escenario para reflexionar sobre unha cuestión simple, sinxela, en grao sumo mundana, unha cuestión que é tan vulgar que lle sucede a calquera, mesmo a un don ninguén: A existencia! Esa é a cuestión e non outra.
A filosofía proclama iso de que un ser humano "pensa, logo existe", pero,... de verdade facemos unha cousa antes que outra?
Elenco: Pepablo Patiño, Montse Piñón e Jorge Casas.
Que pode agocharse tras un castelo escuro perdido no medio das montañas...? Quizais algo que non quere ser descuberto ou quizais algo que espera que o descubran... A Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío veranse inmersos nunha nova aventura aterradora nas entrañas dun castelo onde nada é o que parece...
Ghazafelhos parte dun clásico como Fankenstein para profundizar nas diferencias que, as veces, nos fan sentir mal...
Autoras, dirección e intérpretes:
Cristina Balboa
Lúa Gándara
Dúas mulleres reúnense para tomar té, e mentras contan un gran segredo, comezan a reflexionar sobre a necesidade do drama e a esaxeración para levar unha vida máis acorde coas súas percepcións románticas sobre a arte ou mesmo a felicidade.
DES-Hábitat fálanos do encontro de catro sobreviventes, catro persoas que buscan un lugar onde sentirse na casa. Un traballo sobre o sentido de supervivencia, en harmonía coa necesidade de atopar o propio lugar vital. Des-Hábitat é un espectáculo xestual, de coreografías circenses, de fusión de linguaxes desde a acrobacia, a danza, chiscadelas ao flamenco..., ás raíces. En definitiva unha historia contada desde o movemento.
Despois de ler o poema do “Timoteo” do libro “Rimas con letras”, Gloria emocionada e ilusionada toma una decisión, encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons máxicos que darán vida a historias máxicas, como a da cabritiña que se convertirá en Mamá, a nosa Mamá Cabra.
Gloria acompañada de moitos artistas apaixoados medran ao carón dos máis cativos e cativas, con cancións que ao longo de estes anos quedaron nas nosas memorias . Esta aventura cumple este ano o 15 aniversario.
Autores: Maruxa Salas e Erick Jiménez
SAZÓN
Gusto e sabor que é percibido….nas pequenas cousas…..no corpo e no movimento.