Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

30 e tantos ósos

Dramaturxia de Diana Mera a partir de textos e materiais de creación colectiva.

Elenco: Teté García, Diana Mera, Merche Pérez, María Roja, Diego Valeiras

Sinopse: 30 e tantos ósos é unha viaxe de catro mulleres de 30 e tantos anos que, cansas de vivir agochadas baixo carcasas prefabricadas, adoptando condutas alleas, deciden transcender a pel e a carne a través da figura mítica da Loba, para chegar os seus ósos, á materia máis elemental, onde se inscribe a súa historia persoal e colectiva e se atopa, desterrado, o seu potencial máis vital e salvaxe.

Galego

Alba María

Nova e artista. Alba María. Alumna da Escola Livre da Música Popular Galega, de aCentral Folque, resultou gañadora do I Concurso de Música de Autor de Teo. E grazas á complicidade de ambos -o Concello de Teo e aCentral Folque-, e ao saber facer dun excelente elenco de músicos profesionais que a acompañaron, deu luz a "Aínda", o seu primeiro disco. E con só 19 anos.

Galego

Decamerón, historias para tempos ruíns

Autor: Boccacio

Director: Cándido Pazó

Nos tempos críticos eo alivio do humor é máis necesario ca nunca. Así era no século XIV, tempo de pestes e andazos, cando Boccaccio escribiu os tan célebres como divertidos contos do Decamerón. Así é hoxe, con esta adaptación para o teatro e a palabra. Unha actualización escénica para un tempo no que outras pestes e andazos nos ameazan.

Un espectáculo a unha soa voz, como facían os xograis e bululús de entón e como fan os cómicos populares de agora.

Galego

Ra, Ra, Ra

Autor e director: Cándido Pazó

Elenco: Beatriz Méndez, Carla Capeáns, Toni Salgado, Víctor Mosqueira

Un divertido espectáculo no que dous actores e dúas actrices fan que as ras descubran que a noite non é tan escura.

Galego

Arquitectura da emoción

Texto Orixinal e Re-mix: Alfredo Rodríguez, Olga Cameselle, Gena Baamonde
Outros Textos (Manipulados): Angélica Lidell, Borges, Sonya Lyubomirsky, Antonio Damasio, Flora Davis.
Elenco: Alfredo Rodríguez e Olga Cameselle

Espectáculo que indaga na dificultade do ser humano para autoxestionar os seus propios sentimentos: a memoria relacionada cos sentimentos. os obxectos coma testemuña da emocionalidade. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios