A mamma
Autor: Lino Braxe
Dirección: Eduardo Alonso
Elenco: Luma Gómez
A Mamma, en certa medida é a historia de toda unha xeración, da xeración do 68. Os que naquel importante ano estaban ao redor dos vinte anos e tamén, hai que dicilo, a xeración dos culpables de que agora as cousas estean como están. Por iso, a historia de A Mamma de Teatro do Noroeste é a historia dun fracaso, pero do fracaso de toda unha xeración que deixou pasar diante dela todas as oportunidades de rectificar.

