Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Vento mareiro non dá voltas

A peza sitúanos ante unha familia acomodada que atravesa unha época de crise provocada por distintos conflitos: a permanente tensión entre o pai e a nai coa súa filla adolescente; os problemas da filla cunha asistenta do fogar procedente de Marrocos (que acaba converténdose na vítima dos conflitos familiares); os problemas co presidente da comunidade de veciños a raíz da talla dunha acacia de Constantinopla no patio comunitario… Pero, sobre todo, a diferenza de visións e ideas da parella protagonista (el centrado no ecoloxismo e ela obsesionada pola retransmisión continua da barbarie desata

Galego

Únicos

Con Únicos, DÁ.TE Danza presenta unha creación de danza contemporánea dirixida á infancia (3 a 6 anos) e público familiar que explora como se constrúe a identidade desde os primeiros anos de vida. A peza aborda o proceso de recoñecerse, desequilibrarse, transformarse e atopar o propio centro, entendendo a infancia como un territorio fértil onde o eu aínda se está configurando.

Galego

Será por Flores

Uxía celebra catro décadas de carreira cun espectáculo único e intimista, Será por Flores, onde revisita os piares do seu percorrido musical e continúa explorando novas formas con liberdade creativa. Unha viaxe ás súas raíces galegas, as composicións propias e ás músicas que a inspiraron. A súa diversidade reflicte os innumerables camiños que percorreu, sempre en constante evolución e transformación.

Galego

Retranca…e maxia

Retranca…e maxia é un espectáculo onde a sorpresa se lapela continuamente coa gargallada e viceversa, ata o final do show. Cada momento está coidadosamente deseñado para manter o espectador ao bordo do seu asento, sen dar un respiro á emoción e a diversión.

Galego

Panxea

Nun futuro hipotético, os continentes volven estar unidos. Pero todo é moi distinto; non hai árbores, nin libros, nin música... Nese mundo atópanse tres personaxes. Son camiñantes que veñen de distintas procedencias e comparten descanso nun mesmo lugar. Alí atoparán un libro e recordarán a melodía das árbores; un murmurio que fala de paz, de tolerancia, da marabilla que é a vida e sabernos todas e todos parte da mesma terra. Dende ese intre, argallarán un plan para que os continentes non volvan separase.

Galego

Outras Bolboretas

Outras Bolboretas. Contos pola igualdade e contra as violencias machistas é un espectáculo que mestura monólogo, narración oral, humor e poesía.
Na voz de Sole Felloza, as historias de nenas e mulleres que se atreven a voar convértense en contos de liberdade: princesas que se coroan soas, mantas voadoras, leóns non tan feroces e recordos gardados nun baúl. Bolboretas fala da forza de quen soña, da memoria das mulleres e dun mundo posible, sen violencia e con igualdade.

Galego

Orille!

Como facer un trámite administrativo pode ser unha traxedia... e convertilo en comedia! Durante unha viaxe que prometía ser moi tranquila de Santiago a Baños de Molgas, a Pepo Suevos cruzóuselle o destino... e ía vestido de verde!!! A xornada sería para esquecela, se non fose porque supuxo un cambio na vida do pobre Pepo, que aquel día foi o peor inimigo da Garda Civil e das normas de tráfico, pero hoxe pode contalo sen botarse a chorar. Iso xa o fará o público... pero da risa.

Galego

O monstro de cores

O MONSTRO DE CORES espertou algo confundido: todas as súas emocións mesturáronse e agora non sabe que lle pasa. Para poñer orde neste caos, contará coa axuda da súa amiga, unha nena chea de curiosidade e ganas de axudar. Monstro e nena vivirán unha divertida e emocionante aventura onde aprenderán a recoñecer, nomear e expresar sentimentos como a alegría, a tristeza, o medo, a rabia e a calma. 

Galego

Monólogo de David Perdomo

No seu espectáculo, David Perdomo, fai sátira da sociedade apoiándose en personaxes arquetípicos cargados de franqueza e, sobre todo, espontaneidade. Pode que nalgún momento nos leve a perder o fío, pero sempre para chegar a unha conclusión diferente á que estamos afeitos, sacaranos da nosa zona de confort sen decatarnos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios