Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Black Box. Unha saga épica

Que teñen en común un mariñeiro da armada de Vasco da Gama, ou doo dunha hospedaría do século XVIII, un pirata xusticeiro, un mestre de esgrima dun rei, unha mestra rebelde, un pintor que cruza ou mar a remos, unha muller que escribe ou dicionario dun país, ou un vendedor de coches que viviu máis rápido ca eles?

Todos forman parte dá mesma familia: a de Hugo Torres.

Galego

Berenguela na gaiola

Nunha residencia da terceira idade, tres persoas maiores, Berenguela, Aurora e Tomás, deciden representar a obra Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María. A través deste xogo teatral, recuperan a ilusión, a voz e a liberdade que a sociedade lles nega. A proposta, chea de humor e crítica, establece un diálogo entre xeracións e reivindica o dereito a existir con dignidade en todas as etapas da vida. O teatro convértese aquí en ferramenta de rebelión e soño compartido, recuperando a forza do espírito do monte.

Galego

As r(h)umorosas

As R(h)umorosas trátase dunha proposta teatral cómica onde tres actrices poñen en valor as grandes mulleres da historia galega, nun contexto fresco, orixinal, divertido e moi innovador.

Que dirían María Pita, Rosalía de Castro ou Isabel Zendal se fosen cómicas hoxe en día? Isto é o que Ledicia Sola, Marta Doviro e Carmen Méndez se preguntaron como premisa para empezar a construír este espectáculo.

Galego

Alta costura

ALTA COSTURA é un espectáculo cómico, irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais. ALTA COSTURA dá unha especial importancia aos mecanismos de venda e á relación contemporánea que o grande público ten co acto de mercar e de tirar roupa. ALTA COSTURA é unha creación de teatro físico e visual que se detén detalladamente na “fast-fashion”: o momento da compra, a filosofía do mercado e a rapidez con que os produtos son desvalorizados e se transforman en lixo altamente contaminante. 

Galego

Alén

Alén é unha creación escénica de danza contemporánea executada por catro intérpretes, que nace do desexo de habitar o límite. Explora o “alén” non como un destino, senón como un proceso: o momento no que algo remata, mais o novo aínda non tomou forma. A peza propón unha vivencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dun territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir transformada. A través dunha proposta dancística dinámica e enérxica, as catro intérpretes móvense na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser. 

Galego

A historia vaxenial

A historia vaxenial segue o ronsel xerado por Historias Vageniales, a exitosa serie web creada pola mesma autora, gañadora dun Premio Mestre Mateo e cuxos episodios foron vistos por centos de miles de persoas e que con este formato recibiu o Premio Luisa Villalta 2024 a Proxectos pola Igualdade.

Galego

A furia da amanita

Despois dunha década vivindo no estranxeiro, Irene regresa á casa da súa infancia para atoparse cun pai recluído no silencio e a rutina. Entre diálogos fragmentados, recordos intermitentes e tensións ideolóxicas, ambos os dous intentan reconstruir un vínculo roto pola perda, a distancia e os reproches. A furia da Amanita é unha obra sobre o dó, o choque xeracional, a conciencia social e a imposibilidade de fuxir do pasado.

Galego

A fortaleza

A Fortaleza era o nome de guerra dunha casa: a casa de Consuelo Rodríguez López, onde se agochaban fuxidos e guerrilleiros ata o día en que, baleirada a casa pola violencia fascista, Chelo marchou ao monte. Cheliño, chámalle Aurora Marco, investigadora e autora do libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, do que parte o espectáculo de teatro A Fortaleza.

Galego

A fortaleza

A Fortaleza era o nome de guerra dunha casa: a casa de Consuelo Rodríguez López, onde se agochaban fuxidos e guerrilleiros ata o día en que, baleirada a casa pola violencia fascista, Chelo marchou ao monte. Cheliño, chámalle Aurora Marco, investigadora e autora do libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, do que parte o espectáculo de teatro A Fortaleza.

Galego

A cámara escura

Que pasa cando unha adolescente de dezaseis anos comparte unha foto íntima co seu crush nun contexto social como o que estamos a vivir? 

Alicia está namorada.

Alicia fai un selfie.

Alicia preme enviar.

Do outro lado do móbil, alguén reenvía, e reenvía, e reenvía.

Os chats tolean. Unha avalancha de mensaxes, de vexacións, de insultos, de censura.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios