Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O libro da selva. O musical

A historia clásica de Rudyard Kipling revive en galego nun gran musical para toda a familia. Ártika Cía convídanos a entrar nunha selva moi especial: unha cidade chea de animais, gobernada polo implacable Sherekhan.

Mowgli chega a este novo mundo e terá que aprender as súas regras para poder convivir cos seus habitantes. Mais… Conseguirá convencer a Sherekhan de que o deixe quedar?

Galego

Nube nube sol

As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, a xestualidade, o canto e a música, Teatro ó cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.

 

Galego

Núa

Núa é unha peza de danza contemporánea interpretada por mulleres que explora o concepto de capas e a idea de nudez. Presenta unha escena minimalista cun centro sinalado que simboliza o corazón, desde onde nacen as pulsións que marcan o ritmo da obra. O movemento transita entre a expansión e a contracción, nun fluxo físico e emocional. A estética sinxela reforza a sensación de esencialidade, co foco na muller e na súa interioridade. É a terceira creación de Cali Danza dedicada a celebrar e reivindicar o feminino.

 

Ficha artística

Galego

Mozas nas redes

Un espectáculo teatral unipersoal onde a actriz incorpora a catro mozas adolescentes de diferentes estratos sociais, con diferentes aptitudes académicas e con distintas situacións familiares. Cada unha delas vai presentando como foi o momento en que foron forzadas a facer algo que non querían. Todas falan polo seu móbil, polo ordenador e tratan de atopar e distinguir cales son os seus espazos de conflito así como os lugares de confort. Todas relaciónanse con figuras masculinas que aparecen como voces en off para que só vexamos as dificultades ás quesos sometidas as mozas nas redes.

Galego

Miña casiña, meu lar

Creación escénica que expón a situación de xentrificación nos barrios. Unha reflexión sobre cómo inflúe o encarecemento da vivenda e a especulación na identidade dos barrios, e o impacto psicolóxico, cultural e social que orixina na comunidade.

 

Ficha artística

Dirección: Carmen Cotelo

Interpretación: Mauela Varela, Uxía Algarra, Juan Carlos Hernández, Alberte Bello e Carmen Cotelo.

Guión: Carmen Cotelo e Intérpretes

Creación de espazo sonoro: Iván Doval

Asesoramento de movemento: Alba Fernández

Galego

Meco e sono

Meco e Sono e un espectáculo de teatro de bonecos e creación sonora en directo: un conto de arrolos para a primeira infancia. Nesta ocasión, Xarope Tulú únese á dramaturxia, música e voz en directo da escritora e xornalista radiofónica Xiana Arias. O resultado é unha sensorial e coidada proposta para ás máis pequenas cunha fermosa escenografía adaptable a todo tipo de espazos.

Galego

Maruxiña

Maruxiña inspírase no conto clásico de Polgariña, de Hans Christian Andersen. É un espectáculo de Aurora Artes Escénicas en clave cómica, interdisciplinario e con música en directo, onde a protagonista investiga o mundo que a rodea despois de nacer no tarro da hortensia da señora Lola. Un día, Maruxiña descobre que fóra dese tarro hai un mundo moito máis grande, que hai persoas amigas e outras que non o son tanto, que lle gustaría voar... E repara en que o realmente importante é poder decidir libremente o que quere para ela.

 

Autoría: Laura Sarasola

Galego

Made in Galiza

Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non resistiría nengunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas... Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da", MADE IN GALIZA é un convite á República Indenpendente da túa lingua. Non imos perdela nin en soños porque co galego imos "ao fin do mundo" e quen o proba, sábeo!

Galego

Cherry Sweet

CHERRY SWEET é unha banda de swing composta por tres vocalistas e tres instrumentistas que repasan sobre o escenario o repertorio clásico do xénero dun xeito divertido e contaxioso.

A formación, que comezou a súa andaina en 2015, é hoxe un referente deste estilo na escena galega, tendo participado en eventos como o Festival de Jazz de Noia, As noites brancas de Vigo, ou o Monforte Fusión.

Un concerto diferente que fai ao publico bailar e gozar desde o primeiro minuto.

Galego

Cicatriz

CICATRIZ é unha peza de danza contemporánea que pon corpo ao poema homónimo do icónico Antón Reixa, baixo a coreografía e dirección de Kirenia M. Acosta. 300 versos que comezan con "QUERO" exploran o desexo e a frustración de nón acadalo como motores da vida. En escena, dous corpos suturados: o do referencial artista galego que se inicia na danza aos 67 anos tras un accidente que o deixou en coma, e o dunha coreógrafa de orixe cubana cunha traxectoria atravesada por lesións e resistencia. A súa complicidade visibiliza o anti-idadismo e a inclusión.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios