Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Oh, Mammi Blue!

OH, MAMMI BLUE! comeza coas primeiras horas dun parto, as últimas dun embarazo e a sensación de que algo vai saír mal. 

A  través dunha serie de incidentes e erros cos que a protagonista se compromete ata o final, asistiremos a un desenlace inesperado que cambiará a súa vida e a dos que a rodean, para sempre.

A través dunha posta en escena innovadora e visualmente impactante, a peza achéganos un testemuño único e luminoso sobre a perda, o trauma, o amor e a supervivencia.

Galego

Oh!

Nun mundo feito de libros, alguén ordena ringleiras perfectas nunha rutina acompasada, sen fendas. Un volume, outro, outro máis… Ata que un día, un libro cae e con el derrúbase a orde: comeza así unha viaxe inesperada guiada polo desexo de ver o mar.

Oh! é o novo espectáculo de AsSircópatas, unha peza de danza e circo para público familiar con música en directo. Un universo onde a escenografía se transforma e acompaña cada descubrimento. Unha viaxe sorprendente que nos lembra que, ás veces, abonda un pequeno xesto para que todo cambie.

 

Ficha artística

Galego

O que xermola no lume

Cada verán, en Galicia, o lume regresa.
E despois do lume, que queda?

O que xermola no lume é unha peza de teatro físico e creación contemporánea que aborda os incendios forestais como ferida colectiva e como punto de transformación. A través do corpo, a luz e a música a obra propón unha viaxe escénica que transita da destrución ao renacer, da soidade á forza da comunidade.

Galego

O grúfalo

Tres historias acontecen na fraga.

"O Grúfalo" está baseado no texto do libro de Julia Donaldson e nas ilustracións de Axel Scheffer para o deseño dos monicreques.

Galego

O arcón de Noa

Noa é unha nena duns oito anos que vive coa súa nai nunha casa apartada, sen irmás ou amigues con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Todo parece vello, inservible e apagado no seu mundo solitario. 

Un día, sen decatarse, activa unha sorte de encantamento e entra no mundo máxico que habita no arcón. Alí atopará seres diferentes que a farán descubrir mundos descoñecidos e fascinantes. Pero non todo é diversión dentro do arcón, tamén hai perigos agochados que Noa terá que sortear, coa axuda das súas novas compañeiras.

Galego

Nortear

NORTEAR é unha peza escénica onde o real e o espectral, o político e o onírico, o etnográfico e o poético se entrelazan. Un grupo de mulleres habita un espazo despoboado do Norte, movéndose entre o traballo, a danza e a espera, nunha procura constante dun lugar onde ancorarse e seguir turrando pola utopía.

Ficha artística

Texto, dirección e espazo escénico: Helena Salgueiro

Intérpretes: Adriana Rodríguez, Alba López, Alixa Ladson, Masako Hattori, Helena Salgueiro

Banda sonora: Anne Lèpere

Espazo lumínico: Montse Piñeiro

Galego

Ninguén tira fotos nos enterros

Pódoche facer unha pregunta? Non me tes que responder se non queres: ti que idade tiñas cando soubeches que a xente podía morrer?

Ninguén tira fotos nos enterros conta a historia dun feito sorprendente: unha familia celebrou, no mesmo día, unha voda e un enterro. Esta autoficción vai recreando as fotografías que unha nena de 11 anos tirou ese propio día. Con tenrura, humor, participación do público e técnicas de fotografía en vivo, como a cianotipia, proponse unha reflexión colectiva sobre a morte dende a mirada da infancia.

TODOS OS PÚBLICOS

55 MINUTOS

Galego

Molto Barroco

Píscore Teatro ofrece a posibilidade de gozar, desde o teatro, da música da época barroca, nun proxecto teatral cómico, apartado do academicismo, que inundará todo o espectáculo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios