Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A penúltima

Carlos Blanco bota A PENÚLTIMA. Porque nunca se sabe. Porque o tempo pasa e… Carlos chega agora con imaxes, con historias novas e vellas pero sempre coas risas garantidas.

70 minutos con Carlos son sempre breves, divertidos, sanadores… Imprescindibles.

A PENÚLTIMA chega este ano e xa veremos despois o que pasa. Para non perdelo.

 

Ficha artística

Autoría e dirección: Carlos Blanco

Escenografía, deseño de son e iluminación: Dani Juncal

Elenco artístico: Carlos Blanco

Galego

Legends Tour

A Big Band de Galicia. Gran Calidade musical cun son impactante e explosivo!! Dirixida por Cristian Leggiero, está integrada por 17 artistas presentando o espectáculo LEGENDS TOUR, no que lembran a artistas lendarios que marcaron unha época nos seus estilos musicais que abarcan desde o swing, salsa, soul-rock e disco-soul cun repertorio que vai desde os sons latinos do chachachá, a salsa, os boleros ou o mambo ata o swing máis bailable da época de Frank Sinatra ou Luis Prima ata chegar a Michael Bublé  e o soul-rock e disco-soul de Tina Turner, Donna Summer ou Aretha Franklin.

Galego

O fantástico circo de insectos xigantes do Dr. Mezzo

Espectáculo de circo itinerante musical Giovanni di Mezzo, botánico, explorador e naturalista xenovés do século XIX, descobre unha illa no Océano Pacífico que alberga extranas criaturas, descoñecidas especies de insectos xigantes da Era Mesozoica que sobreviviron á gran extinción. Ó seu regreso a Europa, o doutor Mezzo exhibe algunha destas criaturas nunha feira ambulante na que se deu en chamarlle como O Fantástico Circo de Insectos Xigantes do Doutor Mezzo.

Galego

A viaxe do Señor López

O señor López é unha persoa solitaria, triste e gris.

Un día calquera acontécelle unha desas cousas solitarias, tristes e grises tan característica do mundo dos adultos e a partir dese momento todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría.

O señor López convértese nun paxaroinuit.

Rubén Pérez estrea a compañía do Señor López con esta montaxe que achegará un sorriso ao público familiar.

 

 

Galego

Cortello de Amor

Jack e Rose, unha parella que rolda a trintena e que levan xuntos desde a adolescencia, van a un concerto do seu grupo favorito, Grande Amore, nunha praza céntrica á beira do seu piso. Logo dunha festa memorable que paraliza a cidade pola afluencia masiva de público, os membros do grupo non conseguen arrincar a súa furgoneta. Rose e Jack, fans incondicionais, non o dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite, e durmir eles dúas no faiado. 

Galego

Bernarda

Bernarda é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.

Galego

#Influencers

ELO MAIS Influencer Race Spain é un concurso no que diferentes creadores de contido competirán para demostrar quen é o mellor! E xa se sabe, nesta época dominada por likes, sempre hai alguén disposto a por en dúbida o resultado dunha votación…

#Influencers é un espectáculo teatral que ofrece unha mirada cómica e reflexiva sobre a cultura que arrodea a creación de contido nas RRSS, tomándoa como un espello no que se reflicte a sociedade contemporánea.

 

Ficha artística

Autoría e dirección: Chiqui Pereira

Galego

Crónica do rei pasmado

Nun Madrid barroco de intrigas, sotanas e segredos, un xove monarca queda atónito ante o misterio do corpo feminino. O seu desexo de ver espida á raíña desata un terremoto na corte, onde bispos, validos e criados se enfrentan entre o pecado e o placer, entre a razón e a fe.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios