Riazor Ostia
RIAZOR OSTIA é un poema escénico sobre o odio, a intolerancia e a resistencia. Cincuenta anos despois do asasinato de Pier Paolo Pasolini, a súa voz e o seu corpo seguen a interpelarnos, amosándonos feridas aínda abertas. Da súa man, a peza afonda no auxe do fascismo, da violencia e da memoria, atravesadas polas loitas e tensións que xorden arredor de temáticas sociais como a visibilidade LGTBIQ+, a xustiza, a educación, a relixión ou a política.

