Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Sobria e Serena: o chou

Sobria e Serena veñen rirse de si mesmas e contar o seu punto de vista sobre o mundo entre risas. Porque o humor é terapéutico e porque, entre broma e broma, a verdade sempre asoma. Porque non hai nada máis san que a risa, porque catro ollos ven máis que dous, e porque o bo, se dobre, dúas veces bo.

 

Galego

Less Dragqueens and more Chunorris!

Esta é unha comedia que ispe o home. Pero que ninguén bote as mans á cabeza! Ou si, á cabeza, porque o espido vai dar para rir, pero sobre todo para pensar.

Dani Blanco e Alberte Bello, creadores con moita rúa e pouco “macherío”, vístense e íspense coas galas das masculinidades varias, de varietés. Entre o circo e a comedia, este show é un axuste de contas á “machosfera” desde a retranca. 

Unha revolución para examinar as masculinidades tóxicas e o sufrimento que causan. Humor e amor son os dous actores principais e queren contar contigo.

Galego

Ngoma

NGOMA é un espectáculo de danza contemporánea e novas linguaxes que emerxe desde a memoria corporal afrodescendiente, atravesada pola enerxía vital do entroido de Santiago de Cuba. A obra propón unha viaxe física e simbólica a través do movemento, onde un pai e unha filla sosteñen o vínculo que habita na transmisión interxeracional, explorando a conexión entre ritmo, identidade e memoria e reivindicando o ancestral desde unha mirada contemporánea.

Sinopse

Galego

Singularia

SINGULARIA: Daquilo que é único ou singular, aquilo que se emprega para destacar o excepcional, o fóra do común, o que non se pode repetir.

SINGULARIA é unha viaxe onírica a un espazo irrepetible, como a mesma proposta, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Un espectáculo que nos enfronta a aquilo que nos distingue como persoas, aquilo que nos define e que tamén esperta a nosa imaxinación e renova o asombro.

Galego

Galerock & Magic  

Como se podía continuar un espectáculo tan intenso, divertido e sorprendente como R&M? Non se pode. Só podemos mellorar isto dun xeito; facendo un novo volume coas nosas músicas, co rock e a música galegas que marcaron e marcan as nosas vidas.

Galego

As gardiás

O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se atopa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer.

Galego

Na procura da canción perdida

Na procura da canción perdida é o primeiro espectáculo infantil de Producións Dispersas. O protagonista da historia ten un problema moi grave. Perdeu unha das cousas máis importantes para a súa vida: a súa canción de ir durmir. Comeza así unha viaxe tola e surrealista polo mundo enteiro. Coa axuda dunha chea de aparatos tolos e a inestimable colaboración das nenas e nenos do público que se converterán tamén en actores e actrices do espectáculo,  chegará a bo porto esta aventura.

Autor, director e actor: Diego Freire

Galego

Coa cabeza nas nubes

COA CABEZA NAS NUBES é un espectáculo multidisciplinar que combina teatro físico, danza e clown para público familiar. En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo. Un deles, afogado polo traballo, tenta sobrevivir baixo unha morea de papeis. As tarefas non deixan de acumularse... non dá feito con todo o que hai que facer!

A súa compañeira, en vez de botarlle unha man, interrompe constantemente e só pensa en xogar. Será posible que non atope tempo para xogar con ela? Un pouquiño? Un instante sequera?

Galego

Maxia sen trucos

Este é un espectáculo indicado para toda a familia. Tanto nenos como non tan nenos desfrutarán deste espectáculo cheo de colorido e ilusión. Cunha mezcla de maxia e sombras chinescas Ian e Elisa farán que os nenos se sumerxan nun mundo imaxinario onde nada en imposible.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios