Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Maxia sen trucos

Este é un espectáculo indicado para toda a familia. Tanto nenos como non tan nenos desfrutarán deste espectáculo cheo de colorido e ilusión. Cunha mezcla de maxia e sombras chinescas Ian e Elisa farán que os nenos se sumerxan nun mundo imaxinario onde nada en imposible.

 

Galego

Na procura da canción perdida

Na procura da canción perdida é o primeiro espectáculo infantil de Producións Dispersas. O protagonista da historia ten un problema moi grave. Perdeu unha das cousas máis importantes para a súa vida: a súa canción de ir durmir. Comeza así unha viaxe tola e surrealista polo mundo enteiro. Coa axuda dunha chea de aparatos tolos e a inestimable colaboración das nenas e nenos do público que se converterán tamén en actores e actrices do espectáculo,  chegará a bo porto esta aventura.

Autor, director e actor: Diego Freire

Galego

BenQuerer

BenQuerer é unha peza íntima que conecta co cotián, co día a día, e cos nosos procesos de adaptación ante os cambios. Non fala da felicidade permanente, nin de estar sempre ben, fala de aceptar os momentos nos que o corpo di basta, de coidarse e de aprender a poñer límites. Nun mundo de constante cambio, nun sistema que premia producir, avanzar, continuar... podemos permitirnos parar? Podemos mostrarnos vulnerables, sen medo ao xuízo ou a ser vistas como fráxiles?

Galego

Meu santo

Vacacións en Ornanda é o último traballo discográfico de Momboi. Nel, a banda colle a tenrura por bandeira e transita pola beleza dos lugares comúns ao compás de medios tempos e pasaxes melódicas. En total, 12 cancións que a banda compartiu xa nos seus directos, que gravaron no estudo de MaySound Producións con Ángel Morandeira e masterizaron con Cem Oral en Berlín. “As letras e a música deste disco buscan conectar co medio natural e co noso lado máis humano”.

Galego

As formas do amor

Ela e el foron parella.

Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo póñeno patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno a armar.

Logo de tanto tempo separados, talvez hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez.

Unha historia para saír do teatro con bo sabor no corpo, con gusto, alegría e esperanza. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos amor.

Porque existen outros amores, necesitamos outras historias.

Galego

Del jazzmín al jazz

Proxecto no que pretende homenaxear ás mulleres que nos anos 40 irromperon no mundo do Jazz no que ata o momento tiñan un papel irrelevante, sendo os solistas masculinos os auténticos protagonistas (a muller adoitaba perfumarse con xasmín para entrar nas salas da época). A chegada de Ella Fitgerald, Billie Holiday, Sarah Vaughan e Dinah Washington, aínda vindo da sociedade máis marxinal cambiou o mundo da muller e do Jazz para sempre.

Galego

Sen Patrón

No mundo dos malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos viren sen fin. Pero, que pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo? En Sen Patróns, non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan sobre as súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante.

Galego

Natureza e Cultura

As cancións de POI teñen unha temática centrada na protección da natureza e da cultura como alicerce fundamental da nosa sociedade.

Ademais da súa mensaxe protectora, as cancións de POI tamén inclúen elementos espirituais que che farán reflexionar.

Galego

Royal

Un espectáculo de circo-danza, cargado de ritmo, humor, emoción e acrobacias, onde a linguaxe do corpo convértese na tinta dunha historia escrita no aire. ROYAL, é unha peza cómica que mestura ao clown poético de Arturo Cobas cos equilibrios en movemento e a danza de Paula Quintas. Unha fusión de glamour e enredos que farán rir a toda a familia.

Galego

Os senteito

Os Senteito é un espectáculo de Caramuxo Teatro, unha comedia con máscaras e sen texto, protagonizada por Laura Sarasola e Juan Rodríguez, que aborda a importancia da convivencia entre diferentes e o dereito á vivenda.

 

O señor Senteito vive nun pequeno contedor nunha pequena parcela do seu mundo vendo o día a día pasar. Un día chega a señora Senteito e a súa rutina mudará para sempre.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios