Singularia
SINGULARIA: Daquilo que é único ou singular, aquilo que se emprega para destacar o excepcional, o fóra do común, o que non se pode repetir.
SINGULARIA é unha viaxe onírica a un espazo irrepetible, como a mesma proposta, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Un espectáculo que nos enfronta a aquilo que nos distingue como persoas, aquilo que nos define e que tamén esperta a nosa imaxinación e renova o asombro.

