Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Kyoki

KYOKI vai destinado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. O espectáculo trata a temática da memoria, da vellez, da demencia, da soidade e da dura e esixentetarefa de coidar as persoas maiores e enfermas.

A través dunha linguaxe xestual impulsada pola interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo evoca múltiples situacións e personaxes que dun xeito ou doutrotodas as persoas podemos recoñecer.

Galego

Sen lingua

Na expectante sala dunha coach emocional, o matrimonio de Amador e Amanda enfronta un desequilibrio doloroso. Amador, o brillante financeiro, emite un aura de urxencia, afundindo a súa muller nun mar de silencio. Amanda, unha avogada laboralista eclipsada, loita por atopar voz ante o monopolio verbal de Amador. Cada palabra pronunciada por él achica a presenza de Amanda, facéndoa sentir invisíbel, como se o seu ser se disolvera nas sombras. Máis e máis, Amador medra na sala, erguéndose como un coloso que todo absorbe, devorando os intentos de Amanda por expresarse.

Galego

Catuxa Salom

A fusión de ritmos indíxeno-arxentinos, folclore galego e bases electrónicas enérxicas é a carta de presentación de Catuxa Salom, unha artista que irrompe con forza na escena independiente coa publicación do seu EP “Nunha aldea” (2022), sobre a aproximación ao mundo rural.

Galego

Noso

Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo que os viu crecer, a casa da infancia cun vello ultramarinos bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive con María, a súa parella. A expropiación dese lugar, por causa da construción dun parque eólico, é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén despois de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas do pasado, unha visita non esperada, as relacións entres irmáns, a necesidade de mirar o futuro e a importancia do pasado farán visible un conflito xeracional e de pertenza ao lugar de onde vimos.

Galego

Marcho que teño que marchar

Marcho que teño que marchar é unha divertida sesión de contos e tamén un espazo para a reflexión sobre os roles e as desigualdade de xénero. É un cesto trenzado con historias protagonizados por mulleres que eran feministas sen sabelo: desde meigas artúricas ata avoas misteriosa.  Nun escenario convertido na casa familiar, Bea Campos relata secretos sobre a súa familia mentres cociña, bebe e traballa entre cancións, coplas e conxuros.

Marcho que teño que marchar estivo programado no Festival Cabaret da Cidade de México este ano 2023.

Galego

Para que non me deixes aquí soa

Para que non me deixes aquí soa explora as interseccións entre o fermoso e o grotesco.

Nun xogo de máscaras e deformidades faciais, Julia Laport investiga a perda de identidade e a procura dun outro que poida cubrir esa carencia. As ilusións creadas con luces e sombras en escena por Laura Iturralde e as posibilidades de expandir e deformar o corpo con outros materiais que manipula Martín Gonçalves, amplifican o movemento dinámico e preciso de Waacking, transformando á artista nunha masa cambiante, cargada de posibilidades e en constante mutación.

Galego

Coa cabeza nas nubes

Un espectáculo multidisciplinar que combina teatro físico, danza e clown para público familiar. En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo. Un deles, afogado polo traballo, tenta sobrevivir baixo unha morea de papeis. As tarefas non deixan de acumularse... non dá feito con todo o que hai que facer!

A súa compañeira, en vez de botarlle unha man, interrompe constantemente e só pensa en xogar. Será posible que non atope tempo para xogar con ela? Un pouquiño? Un instante sequera?

Galego

Coa cabeza nas nubes

Un espectáculo multidisciplinar que combina teatro físico, danza e clown para público familiar. En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo. Un deles, afogado polo traballo, tenta sobrevivir baixo unha morea de papeis. As tarefas non deixan de acumularse... non dá feito con todo o que hai que facer!

A súa compañeira, en vez de botarlle unha man, interrompe constantemente e só pensa en xogar. Será posible que non atope tempo para xogar con ela? Un pouquiño? Un instante sequera?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios