Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Para que non me deixes aquí soa

Para que non me deixes aquí soa explora as interseccións entre o fermoso e o grotesco.

Nun xogo de máscaras e deformidades faciais, Julia Laport investiga a perda de identidade e a procura dun outro que poida cubrir esa carencia. As ilusións creadas con luces e sombras en escena por Laura Iturralde e as posibilidades de expandir e deformar o corpo con outros materiais que manipula Martín Gonçalves, amplifican o movemento dinámico e preciso de Waacking, transformando á artista nunha masa cambiante, cargada de posibilidades e en constante mutación.

Galego

Coa cabeza nas nubes

Un espectáculo multidisciplinar que combina teatro físico, danza e clown para público familiar. En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo. Un deles, afogado polo traballo, tenta sobrevivir baixo unha morea de papeis. As tarefas non deixan de acumularse... non dá feito con todo o que hai que facer!

A súa compañeira, en vez de botarlle unha man, interrompe constantemente e só pensa en xogar. Será posible que non atope tempo para xogar con ela? Un pouquiño? Un instante sequera?

Galego

Coa cabeza nas nubes

Un espectáculo multidisciplinar que combina teatro físico, danza e clown para público familiar. En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo. Un deles, afogado polo traballo, tenta sobrevivir baixo unha morea de papeis. As tarefas non deixan de acumularse... non dá feito con todo o que hai que facer!

A súa compañeira, en vez de botarlle unha man, interrompe constantemente e só pensa en xogar. Será posible que non atope tempo para xogar con ela? Un pouquiño? Un instante sequera?

Galego

TIN

Non hai imposibles que se resistan a unha persoa enxeñosa, pois unha simple idea en mans de quen non se rende pode cambiar o mundo. TIN é un espectáculo de maxia, de humor, de clown, de inxenio. Onde nos podemso adentrar na mente dun coleccionista de chatarra, para descubir como pensa que que usos lle pode dar a cousas que habitualmente non lle damos valor. É un espectáculo inventivo, onde a maxia muda de estética, de ritmo ou de motivación para sorprender co imposible.

Galego

As peripecias de Xurxo

Xurxo é un señor un pouco tardo, que vai a unha escola de señores e señoras na que sofre bullying, aínda que el preséntase como un apaixonado contador de contos e historias e ese é o motivo da súa presenza alí. Na súa presentación, ademais de mostrar o personaxe mediante un extraordinario traballo de clown, cóntanos todo o acoso sufrido na escola de señoras e señores e como se solucionou cando a titora de señoras e señores fixo chamar aos fillos dos acosadores - que curiosamente teñen unha idade parecida ás nenas e nenos do público - .

Galego

Solo

O hábitat natural de calquera pallaso é a escena, co seu público. Pero que pasa cando queda só? É no camerino onde se mestura a persoa e o personaxe. Onde se desdebuxa a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo… Pasen e vexan a trastenda deste artista, as súas ideas e tolemias. Vexan como se defende da soidade e a rutina con imaxinación e humor. Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si mesma. Un actor sen público, un pallaso cando ninguén o observa.

Galego

O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada

Cunha sinceridade crúa e o seu clásico humor irónico, Carrodeguas aborda neste texto de auto[NON]ficción a relación co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera recuncho desta apaixonante sociedade da fermosura. Porque por moito que te escondas, a gordofobia sempre está ao teu carón. Sobre todo porque está en ti.

Galego

Gallaecia Small Band. Concerto

Está formado por 9 artistas. Seis músicos recoñecidos dentro do panorama musical galego (1 saxo, 1 trombón, 1 trompeta, batería, percusión, contrabaixo e piano) e dous cantantes. Unha big band doutros tempos en pequeno formato cun son explosivo para todo tipo de eventos en Galicia.

Calidade musical, elegancia e distinción do espectáculo. Gallaecia Small Band está formada por:

Pablo Castaño: saxo

José Luis Miranda: Trombón

Hansel Luis Díez: trompeta

Marcos Pazo: batería

Pachi Cruz: contrabaixo

Cristian Leggiero: Piano, Dirección e Arranxos

Galego

Bichitos

“Bichitos” é un espectáculo de humor xestual para toda a familia no que, en formato documental teatral, coñeceremos mellor e aprenderemos a respectar e valorar aos nosos pequenos veciños invertebrados. Unha obra de teatro que sorprende polo seu colorido e polo seu ritmo e que, ademais, ensina os nenos e nenas a importancia de coidar o medio ambiente.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios