BUDIÑO - NOVO DISCO - XIRA "BRANCA VELA" 2024
O oitavo disco do compositor galego conta cun espectáculo en directo exclusivo que combina o virtuosismo do músico, unha banda de novos talentos e algunhas das mellores voces deste país. Unha gran conxunción de música e baile, do tradicional coa vangarda. Branca Vela é a combinación de ritmos, sons, instrumentos e percusións tradicionais coa electrónica máis revolucionaria. É unha máxima que persegue Budiño dende os seus comezos. É o traballo de produción e composición máis complexo da súa carreira.

