Los yugoslavos
En Los yugoslavos todo empeza cando un camareiro pide axuda a un cliente a quen viu levantar, con palabras, o ánimo doutro. O que o camareiro roga a ese descoñecido é que fale coa súa esposa, a cal parece estar a se afundir na tristeza e o silencio. O camareiro espera que o cliente descubra as palabras salvadoras que el non é capaz de atopar para a súa muller.

