Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Onde pousa a humidade

Un solo que afonda na espera e na relación do corpo co tempo pasado e presente. A inspiración vén dos naufraxios na Costa da Morte. “Unha homenaxe ás mulleres, as que sempre agardan a que o océano lles devolva, polo menos, os restos de ósos dos seus parentes. Mentres, o sal cuartea as mans que tecen, rede a rede, o que as mantén en terra".

Galego

Guadi Galego - Síntese Horizonte

"Será pola roibén que aínda me sinto a salvo" (Antía Otero)

Vou atravesando etapas, dando paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida vivida existiu e persiste en min.

O meu son muda ao longo do traxecto ,como muda o concepto de horizonte ao longo da historia. 

O horizonte foi límite, equilibrio entre o aquí e o máis alá, realidade , ensoñación, espiritualidade, utopía…

Galego

O que hai que ver

O QUE HAI QUE VER, un espectaculo na liña da compañia que nos mostra unha serie de historias nas que o espectador se sente protagonista e participe directo. Todo contado cun humor rebordante que fai que a xente saia do teatro satisfeita, feliz e con ganas de voltar.

Galego

Od(i)osa

Od(i)osa é unha obra da compañía Proxecto Morriña, un grupo de seis novos galegas comprometidas coa situación social na que vivimos e sen medo a darlle voz ás historias e mensaxes que sintamos que necesitamos contar. Por esta mesma razón nace este teatro-danza. Queremos rescatar da memoria galega, do ano 1989, a folga que ocorreu na empresa Odosa, unha loita que as propias traballadoras, sen apoios de ninguén máis, emprenderon para reclamar os seus dereitos laborais.

Galego

Silforiña (dúo)

Silforiña é o novo espectáculo de Golfiños, un concerto agarimoso e cheo de emocións que combina a música e a narración. A historia de Silforiña é a historia dunha nena que mira a vida a través da súa fiestra. Dende a súa casa, Silforiña, soña coa vida e imaxina a cantidade de emocións e historias que pode atopar fóra:  unha viaxe en barco, mergullar na bágoa dun poema, asustarse co ouvido dun lobo ou mexerse no luar dunha noite máxica. Serán as cantigas dos Golfiños as que axuden a Silforiña a perder o medo e facer o seu propio camiño?

Galego

ASTAROT EN CONCERTO

Do espectáculo 'Astarot, a lenda viva do rock galego' está cheo de forza e música vibrante, co seu peculiar estilo de rock, que fusionan coa música celta. O repertorio repasa as cancións clásicas galegas que se inclúen nas últimas gravacións: Dónde se hospeda el pasado (1990), Respirando (1994), Apuesta y Gana (1996), Astarot, Xacobeo´99 (1999), O Sentir dunha Terra (2000), Longa Noite de Pedra (2005), Séptimo Pecado (2013), Una vida en un segundo (2017) y Baixo a la Luz de Breogán (2022).

Galego

Anöa VERSIÓN FORMATO TRÍO | Elvi Balboa

Anöa contémplase como un ritual que ten a vontade de mostrar a máscara que nos impoñemos, a vulnerabilidade de cinco corpos en movemento que anhelan chegar ao clímax. Un espectáculo de danza pensado como un acto de insistencia e resistencia, unha acumulación de enerxía sensual, movemento e voz para lograr unha liberación catártica.

 

Autoría e dirección: Elvi Balboa

Iluminación: Andrés Galián

Son e música: Mourae

Vestiario: Elvi Balboa

Galego

Ceibe | Fran Sieira, compañía de danza

Ceibe afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición e nas súas formas de operar nos diferentes ámbitos cotiáns, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos, impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes e, desde aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento.

Galego

É difícil fotografar o baleiro | Colectivo D’Elas

É difícil fotografar o baleiro é unha aposta por atopar se existe algo máis aló do corpo. É un cuestionamento poético da verdade, do centro, da transcendencia. Nunha viaxe entre os cantos eclesiásticos e a música techno de LLXNTO e Bruno Baw, as bailarinas móstrannos corpos virtuosos pero humanos, con capacidades extraordinarias, pero coas limitacións de seren mortais. Unha tentativa de habitar un corpo cru, doente, limitante, pero un corpo capaz de amar, sacrificar ou soñar máis aló. Unha falta de identificación, unha colectividade a partir do único que queda, o corpo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios