Señores que din
Cecilia, Celia e Lía non poden ser máis distintas. As súas vidas, traballos e relacións están moi afastadas entre si. Aparentemente non teñen nada que ver, excepto que son irmás trixemelgas trivitelinas concibidas nunha noite de liberación sexual a finais dos anos setenta. Un día reciben a chamada de Pepa, a súa nai, para que acudan á casa familiar de Cabo Home onde vive retirada.

