Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Neura

NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven  con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Galego

Oh, mammi blue!

Oh, mammi blue! comeza coas primeiras horas dun parto, as últimas dun embarazo e a sensación de que algo vai saír mal. 

A  través dunha serie de incidentes e erros cos que a protagonista se compromete ata o final, asistiremos a un desenlace inesperado que cambiará a súa vida, e a dos que a rodean, para sempre.

A través dunha posta en escena innovadora e visualmente impactante, a peza achéganos un testemuño único e luminoso sobre a perda, o trauma, o amor e a supervivencia.

Galego

Máxico Deluxe

Máxico Deluxe de Cayetano Lledó é un espectáculo de maxia adicado a público familiar. Con todo tipo de proezas incribles en clave de comedia, este espectáculo vaite sorprender. Cayetano Lledó ten participado en Festivais e congresos dentro e fóra de Europa. Ten actuado coa súa máxia en teatros de todo o mundo (Canadá, Taiwán, China, Suiza, Francia, Inglaterra, Finlandia, Italia, Japón, etc.).

Neste espectáculo recolle unha escolma de técnicas innovadoras misturadas cos xogos de sempre para disfrutar en familia.

Galego

Fala, fala, falangueira

O mundo das palabras amosado por dúas actrices que exploran como foron transmitidas de xeración en xeración, de Matrioshka a Matrioshka, que se moven entre a luz da memoria e do esquecemento, unhas usadas dende hai séculos, outras xa esquecidas, e outras recén estreadas, configurando momentos de diversión e reflexión, creando combinacións que abren as portas da curiosidade sobre a historia da nosa lingua entre o público familiar e infantil a partir de 7 anos. 

Fala fala falangueira, é un espectáculo que nace do amor e respecto pola nosa lingua galega.

Galego

Boa sorte, mala fama

Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade.

Galego

As peripecias de Xurxo

Xurxo é un señor un pouco tardo, que vai a unha escola de señores e señoras na que sofre bullying, aínda que el preséntase como un apaixonado contador de contos e historias e ese é o motivo da súa presenza alí. Na súa presentación, ademais de mostrar o personaxe mediante un extraordinario traballo de clown, cóntanos todo o acoso sufrido na escola de señoras e señores e como se solucionou cando a titora de señoras e señores fixo chamar aos fillos dos acosadores - que curiosamente teñen unha idade parecida ás nenas e nenos do público - .

Galego

Abracadáver

Abracadaver é unha terapia de choque para partirse de risa e desfacerse dos medos. O entrañable Rogelio volve nesta segunda entrega para presentar unha delirante proposta chea de sustos e bo humor. Clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho... todo preparado para levar a cabo o Abracadaver. Quen dixo medo?

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios