Heroes en decembro
Heroes en decembro é unha conversa incómoda que é necesario ter. É unha batalla campal contra nós mesmas na que pretendemos poñer o foco nun dos grandes tabús da cotidianeidade. O programa terapéutico no que se enmarca o devir dos protagonistas cuestionará que sobrevivir non sempre devolve as ganas de vivir. Son necesarias a sorte, as ganas e un motivo ao que aferrarse.
Berta, escritora frustrada, atravésase o ventre cun coitelo de cerámica, porque son os que mellor cortan.

