Terrae & Nastasia Zürcher
A cantante de world music, Nastasia Zürcher, unida a Terrae, unha banda que esconde tras dúas máscaras ancestrais a un produtor musical e un DJ con moitos anos de experiencia, dúas mentes coas ideas moi claras e cunha proposta que mestura electrónica, percusión, danza contemporánea e creación visual.
Un agasallo de ritmos electrónicos bailables con sons e músicas tradicionais de todo o planeta, unha viaxe que tenta achegar as persoas á natureza a través da danza e berrar a conciencia colectiva para protexer e coidar máis o planeta Terra.

