Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

SOFÁ

SOFÁ é unha sitcom de danza, teatro e circo que fala dunha parella.

Marta e Pablo son dúas persoas inquietas e a parella que menos usa o sofá.

Marta e Pablo cren que van solucionar os seus problemas de desconexión facendo o exercizo de bailar xuntos cun sofá.

Porque o sofá é o lugar onde se atopan as parellas ao final do día para estar xuntas, ver unha peli ou descansar.

Será que o lograrán?

Galego

Pitiminí: Concerto para bebés

Pitiminí: Concerto Para Bebés é un espectáculo sensorial deseñado especialmente para os máis pequenos e para ás súas familias. Unha viaxe musical con melodías e sons que estimulan a curiosidade dos bebés nun ambiente seguro e acolledor. Davide González e Iria Pinheiro continúan creando teatro familiar despois da súa traxectoria conxunta en diferentes compañías.

Galego

Dance Join

DANCE JOIN é a nova produción da compañía martaalonsotejada.
Un espectáculo interactivo que combina danza e clown, deseñado para espazos non convencionais, tanto ao aire libre como en interiores.
A obra mestura danza, humor e música, propoñendo unha visión lúdica e autocrítica do mundo escénico, mentres convida ao público a participar no caos controlado que presenta.
Esta proposta dinámica borra os límites entre artistas e espectadores.

Galego

A nena e o grilo camiño das cores

A nena e ou grilo camiño das cores é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos xunto á Banda dos Abrazos en directo.

É a última e cuarta entrega da nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego que conta con tres espectáculos previos: O País dos Abrazos, A Nena e o Grilo nun Barquiño e A Nena e o Grilo máis aló.

Galego

La Regenta

Unha historia sobre o enfrontamento entre a paixón desbordada dos desexos e do amor fronte ás cadeas da moral social provinciana e a traizón.

Ambientada na cidade de Vetusta, La Regenta publicada en 1884, é unha das grandes novelas da literatura española do século XIX e unha das máis importantes da historia, segundo moitos críticos. Trátase dunha obra naturalista que retrata con dureza o ambiente dunha cidade de provincias dominada por unha clase alta ociosa e un clero que impón unha moral hipócrita e asfixiante.

Galego

Entrañas

Onde van os nosos corpos cando desaparecen? Qué somos? De que estamos feitos? Qué é un corpo?

 O Patio Teatro asómase ao interior do corpo humano para tratar de explicar, a través do teatro de obxectos e a narración, que é iso que levamos dentro.

 Nunha tímida clase de anatomía, as preguntas acumúlanse para desentrañar algúns misterios do corpo humano. O resultado, un xogo, unha breve lección de anatomía, do Patio Teatro. 

A PRENSA DI:

Galego

Tribal XX

TRIBAL XX é o novo espectáculo do gaiteiro e frautista pontevedrés ÓSCAR IBÁÑEZ, co que celebra o 20 aniversario de traxectoria artística coa súa banda de directo ÓSCAR IBÁÑEZ & TRIBO. En TRIBAL XX combina novas creacións con algúns dos temas máis destacados dos seus traballos discográficos. Así pois TRIBAL XX é unha espectacular e enérxica viaxe sonora a través música tradicional galega chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, na que realiza unha mestizaxe musical fresca, moderna e innovadora con predomio da sonoridade celta.

Galego

Nada se sabe

Dúas actrices e dous actores cuestionan sobre o escenario a inclusión e a xestión da diferenza que facemos como sociedade. A premisa da que parte Nada se sabe é un texto orixinal de Manuel Lourenzo no que se establece un diálogo coa figura clásica de Filoctetes, un heroe grego apartado na illa de Lemno a causa dunha ferida fedorenta, pero que despois será fundamental para gañar a guerra de Troia.

Galego

Feminíssimas

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o "feminismo" Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e postfeminismo. Esta é a base de Feminíssimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -desde a comedia- de que maneira as mulleres estamos, con-vivindo neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.

Galego

Chocolate

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa volven nesta ocasión, para amosarnos o divertido que é cociñar entre amigos, superarse xuntos e atreverse a afrontar novos retos.

A pasteleira Tomasa contarnos como gañaron o Premio “Máster Comellón” grazas á súa orixinal receita “Brocheta de froitas da casa recuberta de chocolate fondue”.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios