Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Dedín, dedín, dedal

DEDÍN, DEDÍN, DEDAL é un espectáculo creado por Andrea Bayer e Óscar Ferreira (BAOBAB Teatro) para Malasombra, pensado para enredar, rir e bailar. Unha proposta musical e teatral para os máis pequenos/as da casa onde a palabra, os xogos, os contos, e as cantigas están moi presentes.

Ficha artística

Autoría e dirección: Andrea Bayer e Óscar Ferreira

Escenografía: Óscar Ferreira

Deseño son: Brais Iriarte e Andrea Bayer

Deseño iluminación: Xoque Carbajal

Vestiario: Diego Valeiras

Música: Brais Iriarte e Andrea Bayer

Galego

De ida e volta

A compañía en Branca e Negra (Amor Herrera e Cris de Caldas) trae unha proposta para adultos heteroxénea e composta por elementos da narración oral, do teatro e da música en directo; un espectáculo que lles rende homenaxe ás persoas migrantes, ás de antes e ás de agora.

Galego

Dance Join

Dance Join é unha proposta innovadora e interactiva que fusiona danza, clown e música, ideal para ser presentada en espazos non convencionais, salas, prazas, parques ou festivais de rúa. Un espectáculo que disolve as fronteiras entre artistas e espectadores, invitando ao público a formar parte activa dunha experiencia compartida.

Galego

Contos... entre cordas

Contos... entre cordas é unha proposta da contadora galega María da Pontragha e a arpista bretoa Bleuenn Le Friec.

Cada conto tira dunha corda e a música e a literatura envolven todo. O espectáculo rompe prexuízos e barreiras sociais para traernos unha historia de amor ata o momento prohibida entre a literatura oral e a música clásica. 

Galego

Concerto PunkInfantil

Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado CONCERTO PUNKINFANTIL. Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.

 

Galego

Compaña

Compaña fusiona o circo co mundo dos monicreques, creando imaxes e escenas que transportan ao espectador a un mundo surrealista e onírico.

Un personaxe solitario en busca de compañía explora a súa imaxinación para dar vida a cada un dos seus pensamentos. A través deste proceso, consegue sentirse acompañado e leva o público por un camiño cheo de sorpresas e risas.

Ficha artística

Autoría: Jesús Velasco

Dirección: Jorge Jiménez, Jesús Velasco

Elenco: Jesús Velasco

Galego

Cincuenta, solteira e sen guión

Que pasa cando a vida che rompe o plan… e ti decides facer stand-up ou “algo parecido” con iso? En Cincuenta, solteira e sen guión, unha muller, despois do divorcio fala dese momento marabilloso no que te miras ao espello e dis “e agora que demo fago?”… e convérteo nun espectáculo cheo de retranca e gargalladas.

Galego

Brokeback Sabucedo (Paixón entre bestas)

Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos, Roi marchou a vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. No seu encontro en Sabucedo comezan a aflorar outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón.

Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.

Ficha artística

Galego

Bio Construción

Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cun compromiso inquebrantable.

Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea.

Ficha artística

Galego

Begoña Caamaño: o transgredir das ondas

Unha peza unipersoal de Berrobanbán que reivindica a condición de xornalista radiofónica de Begoña Caamaño abordando temas fundamentais na súa obra como a igualdade entre homes e mulleres, a solidariedade e implicación cos problemas dos sectores sociais máis desfavorecidos e a importancia da liberdade de expresión no xornalismo. Na peza, unha xornalista recibe en herdanza un caderno dunha amiga íntima de Begoña Caamaño e decide realizar a gravación dun podcast en directo para expoñer algunhas das facetas menos coñecidas da escritora.

Ficha artística

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios