Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Inverno na lavandería

A historia transcorre na lavandería dunha cidade e trata de evocar, de maneira poética, o inverno e as sensacións invernais. Todo pode pasar nunha lavandería, incluso botar unha prenda a lavar e que non apareza, incluso tecer historias que versen sobre a soidade das persoas maiores.

Galego

In-Certo

In-Certo mestura o humor de stand-up coa improvisación para retratar, con ironía e frescura, o espírito da nosa época: as fake news, o tsunami tecnolóxico, os medos cotiás e as pequenas batallas do día a día deste cambiante mundo. Cada representación é diferente, dialoga co público e busca reflexionar desde o humor sobre aquilo que todas e todos vivimos.

Galego

Güela Güela

Desde sempre, a misión das cegoñas foi a de levar os bebés recentemente nacidos aos brazos dos seus pais, voando sempre en grupos ou bandadas. Para iso, foron dotadas duns picos longos e fortes, unhas ás grandes e poderosas e unha forma de voar elegante e firme que lles fai poder percorrer  grandes distancias ata chegar aos seus destinos.

Galego

Esas cousas marabillosas

Esas cousas marabillosas comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cunha "cousa marabillosa" na man.

É unha peza participativa, tenra, emocionante e divertida. É unha comedia que fala sobre a saúde mental, a depresión e o suicidio. É unha obra que pode cambiarche a vida…e para ben.

 

Galego

El escondite de la abuela

Espectáculo de teatro de monicreques para a infancia creado por La Tartana Teatro, baseado nunha antiga lenda xaponesa. Unha historia sobre a importancia dos anciáns na sociedade e do seu papel como transmisores de coñecemento e memoria. A través da arte do teatro de monicreques ensínaselles ás nenas e aos nenos a recoñecer o papel esencial dos maiores na sociedade e a dignidade que merecen.

Galego

Dentro y Fuera - Pepe y Lucas

Pepe e Lucas, os irmáns galegos que conquistaron TikTok co seu humor e creatividade, dan o salto aos teatros. Con máis de 1,8 millóns de seguidores, o seu contido reflicte un estilo fresco e próximo, inspirado na súa infancia nunha aldea galega. Agora, buscan trasladar o seu éxito dixital ao escenario, levando a súa comedia a un novo nivel cun show en vivo que promete risas e complicidade co público. 

Ficha artística

Autor: Ernesto Is

Dirección: César No

Escenografía: José Faro

Deseño iluminación: José Faro

Vestiario: A Mapache

Galego

Curie, ou a simetría dos fenómenos físicos

Un biopic teatral escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, asesorado polas biógrafas oficiais Belén Yuste e Sonnia Rivas, que percorre a vida de María Sklodowska-Curie nunha viaxe emocional desde a súa infancia nunha Polonia ocupada e marcada pola pobreza, pasando pola precariedade dos seus anos de formación en París, ata converterse na primeira persoa da historia (e única en dúas categorías científicas diferentes) en obter dous Premios Nobel.

Galego

Lidia India e Latexo

O espectáculo Nas Rúas de Lidia India e Latexo é o primeiro concerto da unión dos dous proxectos: Lidia India e Latexo Percusión. Da unión destes dous proxectos xurdiu unha mestura única, que eclosiona nesta nova proposta musical de World Music.

A súa orixinalidade radica no seu carácter único, xa que conta con letras de composición propia e unha mestura de estilos e músicas de raíz moi persoal, na que podemos atopar toques de reggae, maracatú, samba, ritmos afrocubanos e tradicional galego, entre outros.

Galego

Carapuchiña

Pedras de cartón presenta Carapuchiña, o quinto espectáculo da compañía, no que traballa cun dos clásicos máis populares da literatura infantil. Carapuchiña é un conto de fadas de transmisión oral, adaptado posteriormente por Charles Perrault e máis tarde polos irmáns Grimm. Pedras de cartón toma como punto de partida o clásico para xogar cos contos populares.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios