Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Cyrano

Cyrano é unha grande obra do Teatro Clásico francés, á vez que unha historia de amor sobre a encarnación do triunfo da beleza moral e da intelixencia fronte a fermosura física e o mundo material.

Galego

Selección natural

É unha aloucada e desenguedellada comedia sobre a corrupción social e política e a deformación dos valores culturais.

Luma Gómez e Cristina Yáñez encarnan a dúas irmáns, Lina e Rut, que, desde cativas, sempre se odiaron e buscaron a maneira de desfacerse a unha da outra. Pasados os anos, Lina se dedica á venda de aparellos eróticos en xuntanzas caseiras e Rut está casada cun home con aspiracións políticas que, por mesturarse con turbios asuntos de corrupción,  é detido e encarcerado.

Galego

Diálogo do can e do seu amo

Un porteiro dun hotel de luxo, que vive na precariedade da rúa nunha caravana, atópase cun can  ao que lle gusta interromper o tránsito, para provocar accidentes. Estes dous inadaptados, un xeneroso e outro cínico, van iniciar un diálogo sobre o estado do mundo para finalmente descubrir a tenrura na voz dunha nena. Como dous clowns que denuncian a hipocrisía dunha sociedade, que se indignan con irreverencia contra o mundo no que vivimos. Unha sátira contra a estupidez e o egoísmo. 

Galego

Misterio cómico

Misterio bufo , é o texto de Fo máis representado prácticamente en todos os países e linguas do mundo, e, ao mesmo tempo, o máis odiado e combatido desde as altas instancias vaticanas. 

Fo quere contar a verdadeira historia, a do pobo, a que foi sempre marxinada pola cultura oficial, manipuladora e hipócrita. Indignado pola terxiversación que os popes culturais fixeron deste feito  como doutros temas, reivindica o verdaderio coñecemento dun elemento esencial da cultura italiana, como é a súa tradición oral e escrita de teatro popular. 

Galego

Pablo Díaz e a Banda Tic Tac

TIC TAC é o exitoso libro-disco creado por Pablo Díaz, do que se levan vendidas máis de 5000 copias desde que saiu en decembro de 2009.

Nos seus concertos, Pablo fai un percorrido por distintos ritmos cos que, desde a perspectiva do folk, abarca a universalidade da música.

Nos seus espectáculos vai acompañado por grandes músicos que participan en grandes proxectos: Diego Barral (guitarras), Álex Fente (acordeón), Antón Díaz (baixo e contrabaixo), Carlos Freire (batería), Olga Kirk (coros) e Pablo Díaz (voz e clarinete)

Galego

Alén do mar

Oscar Ibáñez presenta o seu primeiro traballo discográfico en solitario baixo o título “Alén do mar” (VIR, 2012). Neste disco o gaiteiro e frautista pontevedrés convídanos a unha viaxe sonora que discorre polo Atlántico chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, a través dunha magnífica selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta.

Galego

Cocido sinfónico

Saúl Cacharrón: músico e actor
Martín Nogueira: músico e actor
Paco Nogueiras: músico e actor

Cocido sinfónico é un espectáculo innovador de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar, nesta ocasión, as portas deste peculiar restaurante, ábrense dispostas a ofrecerlles aos comensais as músicas máis saborosas, acompañadas dos pratos máis suculentos e novidosos. 
 

Galego

Bivalvos como Galegos!

  • Pedro Brandariz e Fran Rei, coñecidos ultimamente pola súa  participación no programa Luar da TVG cos seus aloucados  personaxes de O Gordo e o Calvo, presentan un novo  espectáculo cómico na liña do seu traballo en televisión. 

     

    Bivalvos como Galeg@s é O Gordo e o Calvo en esencia pura. 

    O humor retranquiero e irónico de Pedro Brandariz e Fran Rei  sen colorantes nin conservantes e baixo a direción de Iván Prado.

     

Galego

Os contos de Joselín

Quico Cadaval, Celso F. Sanmartín e José Luís Gutiérrez 'Guti' revisitan, con mestría sen igual, as temáticas dos Contos de Joselín. Joselín (José Rodríguez de Vicente) foi o primeiro contador galego que gravou 23 dos seus contos populares, nos anos 30 do século pasado, para un público fundamentalmente emigrante. Estas gravacións acadaron tal éxito que toda a oratoria popular posterior bebeu del, cal femómeno viral sen precedentes. Un estudo da profesora Laura Tato, e unha reedición dos contos da man de aCentral Folque, permítenos hoxe desfrutar deste patrimonio cultural galego.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios