Lowland
Lowland retórnanos á animalidade do corpo e do movemento, ao aprendizaxe, o esforzo, a tenacidade e a resistencia, a beleza, o espírito de superación e o espírito de liberdade.
Sinopse: Lowland é a paisaxe de cada un e a viaxe. Só se pode voar co corpo e farannos falta enxeño e imaxinación para conseguir unhas ás. Un imaxinario do mundo das aves e dos homes, cheo de luz e vitalidade en Lowland, a terra baixa.

