Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Maxia Branca

O mago Xabi, o pallaso Lolo e a gran estrela do espectáculo Blanca Houdini, a coelliña branca, farán as delicias dos máis pequenos e sorprenderán aos máis grandes.

Lolo quere aprender a ser mago e Xabi intentará ensinarlle o máis básico, sempre dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público se sinta parte integrante do espectáculo.

 

 

Galego

A Casa do Avó

Autor e director: Cándido Pazó

Elenco

Andrés Giráldez Río: Actor e Manipulador,

Eduardo A. Rodríguez Cunha "Tatán": Actor e Manipulador 

Miguel Borines Fernández: Actor e Manipulador

Galego

La Casona

La Casona é unha comedia delirante e ocurrente con personaxes estereotipados, esaxerados ata o límite o que nos permite ver profundos traballos actorais. Dora e Lita son dúas vellas que herdaron de Felicitas, antiga dona do Casarón, esta mansión. Unha relación de amor-odio úneas e sepáraas, pero seguen xuntas só para quedar co Casarón, ata que un día soa o timbre e chega a Igrexa, única lexítima herdeira de Felicitas. Amén 

Galego

Animundis

Un espectáculo infantil no que os maiores gozarán tanto coma os cativos dunha representación multimedia de música e teatro.

Coidadísimas composicións de funk, swing e rock, acompañadas de divertidas e participativas letras conforman o fío condutor desta obra coral na que dous actores e catro músicos contan a historia de Bim, o pingüín, e Kiwi, o paxaro que non pode voar.

Elenco: Anita Baker, Keke Diez, Manuel Brey, Carlos Clérins, Javier Sampedro e Nacho.
Dirección: Carlos Sante
Texto orixinal: Benxamín Queiro

Galego

Chíos

Chíos son trinta minutos de poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes, con cantigas, bailes, música, poemas visuaiss, xogos e estimulación olfativa e táctil. Con este espectáculo os cativos descubren o mundo a través dos sentidos, transforman obxectos, disfrutan coa música e as palabras.

Galego

Sopa de Sapo

Autor e director: Artur Trillo

Elenco:
Marta Ríos
María Ordóñez
Diego Rey
Rubén Prieto

Sinopse: A avóa e a mamá están preparando a cea, e que cociñarán?, se pregunta a pequena bruxa. Achégase ao caldeiro e berra:

- Nooon!! Outra vez sopa de sapo!!! Todos os días sopa de sapo!!

- Ben sabes pequena, di a avóa, que para ser unha boa bruxa …ou sexa unha bruxa como ten que ser… ou sexa unha bruxa pérfida e malvada non hai nada como comer a diario sopa de sapo

Galego

Demolición

Autor e dirección: Cándido Pazó

Elenco: Toño Casais e Artur Trillo

Sinopse: Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. Catro pés para o banco da comunicación teatral. Alquimia dramática entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión. En resumo, a fraxilidade humana resoando no fondo do precipicio.

Galego

O último dragón

Autora e directora: Fina Calleja

Fernando Dacosta como chambelán e o neno Telmo  

Nate Borrajo como a princesa Celia

Sabela Gago como a raíña nai

Elena Seijo como carteira real

Elena Seijo e Sabela Gago como manipuladoras

Fernando Dacosta como voz do dragón

O dragón deste espectáculo non é un dragón do común, trátase do derradeiro da súa especie...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios