El Rey
Autor e director: ALberto San Juan
Elenco:
Alberto San Juan
Guillermo Toledo
Luis Bermejo

Autor e director: ALberto San Juan
Elenco:
Alberto San Juan
Guillermo Toledo
Luis Bermejo
Arranxos e direción musical: Santi Cribeiro e Uxía
Guillerme Fernandez: guitarra, baixo e programacións
Santi Cribeiro: acordeón e teclado
Magín Blanco: voz e guitarra
Uxía: voz e percusión
Tres amigos:
O primeiro necesita urxentemente un transplante de páncreas.
O segundo ten previsto suicidarse nun futuro non moi afastado, para esquivar a decrepitude e a vellez.
O terceiro xúntalles para expor ao segundo que se suicide xa mesmo e doe ao primeiro o seu páncreas.
A partir dese momento os acontecementos precipítanse obedecendo a un axioma da física moderna: todo o que pode suceder, por estraño que pareza, acaba tarde ou cedo sucedendo.
Intépretes: Vanesa Rivas e David Pernas
Esta obra é unha homenaxe ao poeta Manuel María e nela danse a coñecer parte dos poemas do seu libro “ Os soños na Gaiola”.A obra presentalles aos nenos os poemas ao través da música e o xogo .
Nun piso dunha cidade, sentado nun sillon, durme un velliño que ata hai pouco vivia na sua aldea. Para que non estívese só, a súa filla trouxoo a vivir con ela. Un dia, recibe a a visita da sua neta e os dous van lembrar a pasada vida na aldea.
Sinopse: Na cidade de Néboa vívese un acontecemento extraordinario: todos os reloxos deixan de contar o tempo! Os pesadelos e a anguria apodéranse dos cidadáns provocando un ambiente de confusión e descontrol. A Alcaldesa Sabela Depresa, desesperada ante a incapacidade do Superreloxeiro Don Cuco Campá para solucionar a problemática, decide chamar á detective Lupita Grande para que investigue o maior caso da historia contemporánea da cidade. Un universo de personaxes misteriosos, segredos e enigmas ábrese a cada paso, conducíndonos a escenarios singulares e insólitos.
Intépretes: Celso Fdez. Sanmartín, Benxamín Otero, Carlos Quintá.
As palabras confluencia, transversalidade, sinerxia, asociación, … agroman no noso mundo de agora coma se nunca antes se tiveran dado, como se pola eficiencia transmitida desde o mundo das ciencias e a técnica houbera que dividir e dividir é dividir para mellor singularizar, representar, estudar e saber… Pois os que aquí nos presentamos a regar o xardín da confluencia, … etc., e non por probar, senon por non deixar de probar, de repetir e arrexuntar
Interpretación e creación: Begoña Cuquejo
Planificar a caída é un proxecto de investigación artística no que se abordarán os seguintes conceptos:
O paradoxo. Tomado esta como a imposibilidade da planificación de algo que ocorre espontaneamente, como indica o propio nome do proxecto.
Dúas bailarinas e dous cables de funambulismo dirixidas por un pallaso.
Up2Down é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza mestúranse cunha disciplina circense nova en Galicia: O funambulismo; creando un universo singular no que dúas personalidades cohabitan ao redor do arame circense.
Elenco: Marta Alonso e Paula Quintas
Un invernadoiro, flores, plantas e catro personaxes en movemento: estes son os elementos básicos das dúas pezas complementarias de "Pollen Paradise" coas que se propón unha viaxe humorística e poética cara aos imperfectos paraísos que creamos os humanos empuxados polo amor e o desexo.
Na primeira peza un home tratará de construír á súa medida o seu propio Edén transformando unha planta no seu obxecto de desexo. Ningún experimento amoroso está exento de riscos. Será prudente sacar ao seu belo obxecto amoroso do invernadoiro?
Un sofá que é un tren, unha alfombra convertida en espello, unha montaña de céspede que se move, lámpadas de mapoula e ti e eu! Cal é o teu nome..? Si, o teu, Como te chamas?