Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Pinocchio

Sinopse: Pinocchio é a historia dun neno libre, sen prexuízos nin complexos, desobediente e traveso, pero, á vez, inxenuo, moi inxenuo. Geppetto, co instinto protector dun pai, tenta velar pola súa educación. En cambio, Pinocchio, desobediente, verase inmerso en diversas aventuras, que lle farán crecer e madurar como persoa ata acabar extenuado. Esta é unha interpretación que La Baldufa fai do texto orixinal de Carlo Collodi.

Galego

Alí Baba

Alí Baba é un leñador pobre de Persia. Un día, mentres recolle leña no bosque, oe un gran estrondo que o asusta moito. Escóndese entre as ramas dunha árbore e ve como 40 ladróns detéñense ante unha roca enorme xunto a unha montaña. O xefe dos ladróns exclama Ábreche, Sésamo!, e a roca apártase para deixar aberta a entrada a unha cova. Os 40 ladróns gardan na cova os sacos cargados de ouro, froito dos seus roubos; despois de que se marcharon, Alí Baba ponse fronte á roca e repite as palabras do xefe. "Ábreche, sésamo". Dentro da cova, atópase con centos de sacos cheos de moedas de ouro.

Galego

Xurdefet (Jour de fête)

Doce textos que conforman un espectáculo estruturado en tres partes:

A ollada cara atrás, recuperando a perspectiva da infancia, aínda que iso provoque un desencontro co mundo e as prioridades que se definen ao chegar a idade adulto; as fábulas nas que os animais e as nenas e nenos son cómplices ao cuestionar as convencións que lles impoñen os seres humanos adultos; e  a conclusión de que se debe aprender dos cativos para conseguir que cada día sexa un día de festa, romper as rutinas establecidas, dos dogmas, cuestionar o paso do tempo.

Galego

La gallina de los huevos de oro

Cabezota, un rapaz pobre e delgado, consegue fuxir da fame. Todo comeza cando polo camiño atópase cara a cara co seu propio destino. Aínda que lle parece bastante feo, recibe del un agasallo, a galiña máis famosa do mundo. O problema vén cando o noso amigo decátase que esta non pode poñer ovos normais. Todos os ovos que pon son de ouro puro e non serven nin para unha tortilla francesa. É de tolos! O pobre non sabe que facer co ouro. O ouro, como todos ben sabemos, nin se come, nin se bebe. Para non morrer de fame Cabezota decide vender os ovos de ouro e comprar ovos auténticos.

Galego

Unhas poucas picadelas

Ficha artística:
Autoría: Laila Ripoll
Dirección: Etelvino Vázquez
Tradución: Xosé Manuel Pazos
Escenografía: Pablo Giráldez "O Pastor"
Iluminación: Salvador del Río
Son: Anxo Graña
Vestiario: Julia Abal e Sonia Rúa
Música: Anxo Graña
Elenco: Casilda Alfaro, Machi Salgado
e Pepa Barreiro

Galego

Noiteboa

Ficha artística:
Autoría: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño
Dirección: Alex Sampayo
Escenografía: Suso Montero
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Maquillaxe e perruquería: Chicha Blanco
Elenco: Mela Casal, Ernesto Chao
e Guillermo Carbajo

Galego

O souto dos prodixios

O Souto dos Prodixios conta a historia de Curuxiño: O gardian do Souto dos Prodixios. Un lugar no que todo pode suceder. Non hai nada imposible baixo os castiñeiros: Os ourizos falan en varios idiomas, os raposos cantan ópera lixeira, os sapos compoñen poemas que riman, os osos fan punto de cruz nas silveiras, temos xirasoles que dormen de día e as estrugas non pican se lles chiscas un ollo.

 

Galego

O segredo do pergamiño Vindel: 100 anos de música para as cantigas de Martín Codax

Zanfona, voz, organetto, percusión e unha narradora son os ingredientes que adobiarán e acompañarán o relato do que aconteceu co chamado Pergamiño Vindel, testemuña da música que acompaña ás sete cantigas do trovador vigués Martín Codax. Charo Pita, Ariel Ninas e Belén Bermejo recrearán a través da palabra e da música, o relato dos misterios que durante séculos se agocharon nun pergamiño, que serviu para gardar as tapas dun antigo libro, até que foi achado polo libreiro Vindel a comezos so século XX. 

 

Galego

O principio de Arquímedes

Sinopse: Sobre a figura dun adestrador de natación con alumnos infantís, recae a sospeita, manifestada polos pais dos rapaces,  de que puidera tratarse dun pederasta. A sospeita –provocada por un feito con tantos argumentos para que sexa fundada como para que sexa absolutamente infundada– medra pouco a pouco e alimenta o medo, esa sombra negra que, ao que parece,  xa se converteu en presenza inevitable na nosa sociedade. E a bóla medra, e non hai quen a parala; e o monstro do medo desemboca en violencia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios