Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Noiteboa

Ficha artística:
Autoría: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño
Dirección: Alex Sampayo
Escenografía: Suso Montero
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Maquillaxe e perruquería: Chicha Blanco
Elenco: Mela Casal, Ernesto Chao
e Guillermo Carbajo

Galego

Nadal máxico

Nadal Máxico é un espectáculo creado pola Asociación de Magos Profesionais de Galicia.

Un espectáculo estructurado en formato gala, con un presentador e catro magos profesionais en escena.

Cada un dos magos amosará o mellor do seu repertorio. O resultado é un show onde o público non terá acougo, de principio a fin.

 

Galego

Múltiple

MÚLTIPLE é o novo espectáculo de Antón Coucheiro, un solo de impro onde o protagonista se desdobran e dialoga cos seus alter egos. Somos só unha persoa, ou a nosa personalidade está habitada por múltiples personaxes? 

A través dunha terapia de soños, e das propostas do público, iranse desfiando as historias improvisadas onde os espectadores descubrirán que nun só corpo caben millóns de universos.

 

Un espectáculo cómico, participativo, improvisado e con música en directo, que foi estreado en Bogotá en xuño do 2015 no marco do festival TIMBO.

 

Galego

Monólogo do imbécil

A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir a  escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar con una rapaza coma todo o mundo, pero sempre  sucede algo que acaba deixándolle cara de parvo.
É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: “Que fago eu aquí........coma un imbécil”.

Galego

Moendo muiñeiras

Moendo muiñeiras é un espectáculo que xira ó redor da muiñeira, no que se mesturan a partes iguais teatro, baile e música. Os protagonistas da historia farán un percorrido polas catro formas de muiñeiras conservadas a día de hoxe: muiñeira nova, muiñeira vella, carballesa e regueifa, levados por unha apaixoante trama ao ritmo da zanfona e o violín.

 

Galego

Medea. Salvaxe?

Elenco artístico:

  • Paloma Lugilde
  • Armando Martén
  • Nate Borrajo

Espectáculo dentro da Rede Galega de Teatros e auditorios dirixido por Ánxeles Cuña e con Paloma Lugilde, Armando Marten e Ánxeles Álvarez.

Galego

Ensaio amor

Ensaio amor é unha peza que a través da música, a danza e o texto aborda o universo feminino das súas creadoras.

Unha violoncellista, dúas bailarinas e unha bebé en escea, reflexionan cos seus cuerpos, coa sú música e verbas sobre sí mesmas como mulleres, artistas, nais e amantes.

Ensaio amor non fala sobre o amor, é un acto de amor; non fala sobre a resistencia, é un acto de resistencia; non fala sobre a maternidade, leva implícita unha realidade.

Galego

Máxico Circus Cabaret

O patrón dun circo no que xa non traballa ninguén debido á escaseza de medios e á crise, verase no deber de parodiar a todos os artistas do show para levantar o espectáculo. Pero, para desconcerto do público, as cousas iranse complicando ao longo do transcurso da representación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios