Helena, xuízo a unha lurpia
'Helena, xuizo a unha lurpia' ofrece un relato cargado de paixón, tenrura, dignidade e humor no que se aborda, no século XXI, o drama de Helena de Troia, unha personaxe da mitoloxía grega. Trátase dun texto orixinal de Miguel del Arco que pon en escena María Barcala.
Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao e a amante de París navega pola súa travesía vital e emocional. Rexeita a historia que se contou da súa vida e ofrece a súa versión dos feitos.

