Resaca
Resaca é a terceira montaxe de ilMaquinario Teatro, despois do éxito de O Home Almofada (2012) e Perplexo (2014).

Resaca é a terceira montaxe de ilMaquinario Teatro, despois do éxito de O Home Almofada (2012) e Perplexo (2014).
Elenco: Sofia Espiñeira, Roberto Casal e Fredi Muíño
Dirección: José Luis Baños de Cos
Sinopse: Vera, Roi e Anxo son tres irmáns con xeitos moi diferentes de ver o mundo, Tras un acontecemento familiar que pode cambiar o curso das suas vidas vense na necesidade de chegar a un acordo para o cal terán que confrontar os seus idearios. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles contou na sua infancia.
Sinopse: Dous catedráticos bríndannos unha clase maxistral sobre William Shakespeare, ou iso tentan. Detalles sobre a vida e obra do escritor inglés son tema de discusión, e cando de detalles trátase, ninguén mellor que eles Cantas comas utilizou Shakespeare nas súas obras? Cantos puntos? Cantas veces menciónase ás orellas? Cantas veces os seus personaxes falan de amor?
Elenco : Mercedes Castro
Fálase pouco das mulleres do Quixote. Da que máis se fala é dunha que non existiu: Dulcinea do Toboso. A que si existiu foi Aldonza Lorenzo, unha campesiña que coñeceu o fidalgo manchego e que en A noiva de Don Quixote reclama o seu dereito a explicarse, a rebelarse contra o destino real que a súa némesis imaxinada -Dulcinea- preveu para ela.
É unha historia a partir da novela de Cervantes.
Aldonza (a protagonista) está cobrando un peso que fai que a novela sexa case unha escusa para que ela fale.
O Rueiro das liortas é un espectáculo inspirado no teatro popular que afonda nas relacións de parella e nas dificuldades para manter vivo o amor frente ao tempo, á rutina e aos obstáculos da vida. O dinamismo dos elementos escenográficos permite representar diferentes espazos. Xuntamente co texto, a xestualidade e a música en directo, forman os ingredientes desta comedia iniciática. En escena están un actor e unha actriz que interpretan múltiples personaxes, acompañados dun neno actor e dunha nena actriz que fan valer a súa propia verdade interpretativa.
Tropical é a histora de dúas viaxes. Unha que comeza en Europa e remata nun país tropical, e outra no sentido contrario.
Elenco: María Torres, Gonzalo Guerreiro, Fredi Muíños, Marta Alonso e Ánxela Blanco
Dirección: María Torres e Gonzalo Guerreiro
Este espectáculo forma parte da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
A partir dos contidos e valores que transmite o seu primeiro libro-disco, As Andanzas de Paio, o grupo vigués Oviravai creou o espectáculo musical infantil VAI OVIRAVAI, que dende a súa estrea en abril de 2016, non deixou de colleitar éxitos, poñendo o cartel de "Aforo completo" en Ourense, Vigo e Buenos Aires, entre outros moitos lugares.
Un espectáculo familiar da Rede galega de teatros e auditorios cun formato adaptable a espazos interiores e á rúa.
Elenco: Pedro Brandariz e Víctor Grande
Dirección: Oswaldo Digón
Pequenas Inmedioteces é un espectáculo de improvisación teatral para público familiar, no que os actores-improvisadores crearán escenas cómicas a partir das ideas que as cativas e cativos vaian aportando de maneira interactiva.
Polo tanto as pequenas e pequenos serán as auténticas/os guionistas dun espectáculo único, inédito e irrepetible.Tratase dunha montaxe moi divertida e moi motivadora e didáctica para grandes e pequenos.
Vai ser boa! é un espectáculo baseado no libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura.
Este espectáculo musical para o público familiar forma parte da programación da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Elenco: Ana Vallés