Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Unha rosa entre as pernas

Dirección: Gloria Rico
Texto: Alfonso Becerra de Becerreá

Dúas persoas. Unha situación cotiá dentro do cuarto de baño. Ou non, depende de para quen. Queredes acompañarnos?

Ficha artísitica
Elenco: Xosé Luis Bernal "Farruco" e Roberto Leal
Escenografía e vestiario: Teatro en Punto
Duración: 15 minutos
 

Galego

As parábolas de Pakolas

Música infantil para compartir en familia. As Parábolas de Pakolas chega da man de Paco Cerdeira como espectáculo de pequeno formato no  que Pakolas, interpreta en directo unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con música xirando en torno ao rock e outros estilos que entusiasman aos cativos e cativas, e con letras sempre axeitadas para os mais pequenos.

Galego

Cantos contos contas

Dous viaxeiros coinciden nunha estación de tren durante a súa viaxe. As súas vidas están condicionadas polas historias que atopan alí onde  descubrirán que coinciden en moitas facetas da súa misión polo mundo: recoller historias.
 
Nunha realidade confusa coa fantasía, estes personaxes comparten algúns destes contos mentres agardan a que chegue o próximo tren:
 
- O círculo do 99. Conto que fala sobre a avaricia e o valor das cousas. Cando temos suficiente e canto precisamos para ser felices?
 

Galego

Sheila Patricia Sóa

Sheila Patricia é unha destacada cantante e compositora galega que conquistou miles de ouvintes tanto en España coma en Latinoamérica e o norte de Portugal coa súa fermosa voz.

Actualmente percorre diferentes e variadas cidades presentando o seu disco "El camino de los sueños" e o adianto do seu próximo traballo íntegramente en galego.

Galego

Profundizando na Galiza profunda

Monólogo cómico onde se analiza a vida dos galegos, en canto á súa cultura, o seu idioma, as súas expresións e… a familia.
 
Abórdase o carácter morriñento das galegas e galegos, a través das súas expresións, do seu humor, das súas costumes, das súas festas, etc.
 
Dende o “guapo, guapo non é, pero ten un pelaso”, ata o “ghastas pista?", pasando polas manías dos pais e as obsesións das avoas, ata chegar aos chistes mais galegos.

Galego

O Quebranoces para bebés

Adaptación do espectáculo As aventuras de Quebranoces para nenos e nenas de menos de 3 anos. 

Espectáculo de Alma Cendán e Loreto Pérez, dúas intérpretes profesionais de piano e profesoras superiores deste intrumento nun Conservatorio da provincia de A Coruña pertencente á Consellería de Educación.

Galego

Canta connosco!

En ¡Canta connosco! combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas. Os temas que se tratan entre outros son: o coidado das mascotas; o consumismo na compra de xoguetes; a lectura como pracer fronte á TV e ós videoxogos; a importancia da imaxinación; o xogo do teatro; cancións que axudan a estudar; etc.

Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: "Dime que fixeches", "O esqueleto", "O libro máxico", e "Ai, Patín".

Galego

Elementos

O Mago conta a historia de como el chegou o mundo da maxia. conxuga os elementos da Ar, Terra e Fogo para levar a cabo aparicions de pombas, Coellos, que da mesma maneira que aparecen desaparecen.  Durante o espectaculo sucedense recreacions das rutinas clasicas que levaron a cabo prestixiosos magos, pero con adaptacions personalizadas. 

Ter en conta que Maxico BRAIS fai o seu debut artistico con tan soio 6 anos no Teatro Principal de Santiago de Compostela da man de Teresa RABAL no programa concurso VEO VEO. Acadando o premio Revelación.

Galego

Falar sen cancelas

Espectáculo con tres cómicos excepcionais, coñecidos polo público e respectados pola profesión, como son Pedro Brandariz, Fran Rei e Isabel Risco, que intercalarán sobre o escenario unha serie de monólogos propios, gags, recursos e xogos de improvisación que farán de cada representación unha aventura diferente e única.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios