D.E.P. ( Descansa en paz)
Autores: Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez
Dirección: Marcos Orsi e Xoque Carbajal
Elenco: Jouse García, Xoque Carbajal, Patricia Rodríguez.

Autores: Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez
Dirección: Marcos Orsi e Xoque Carbajal
Elenco: Jouse García, Xoque Carbajal, Patricia Rodríguez.
Cando perdín a cabeza tenta responder as preguntas: Como chegamos a esta situación? Con esta actitude imos polo camiño correcto? Que foi o que creou este mal estado de ánimo xeral? estarémonos a volver tolos e a humanidade xa non é tan humana?... Seguimos sen atopar o sentido a este novo rumbo que ha tomando a vida. Ante a falta de respostas, damos a cabeza por perdida e o único que se nos ocorreu foi contárvolo da única maneira que sabemos; desde a ironía e o humor.
Así que se é do seu agrado, pasen? pasen? estamos desexosos de compartir con todos vostedes estas? risas?
Andrea Ea Ea Ea é quen de facer un caldo atípico. Este caldo precisa de ingredientes moi especiais. O primeiro ingrediente son orellas, orellas que escoiten; outros ingredientes que lle darán sabor a este rico caldo son os contos, contos visuais, contos tradicionais e contos dramatizados aderezados con bonitas cantigas.
Conta: Vero Rilo
Toca: Carlos Quintá
Creación: Adaptación de contos populares e coñecidos.
Técnica Teatral: Música de Narración Oral.
Duración: 45 minutos.
Público: 6 a 10 anos.
Pepe Capelán é un rapaz da aldea. Acostumado a vivir rodeado de leiras, vacas e tractores, non estaba preparado para o que esperaba: o salto á gran cidade. Cambiou os velorios polas compras nas grandes superficies comerciais, os patróns da aldea polos yonkis dos barrios marxinais da Coruña, e as verbenas polas tardes de sábado nas discotecas. Todo isto e moito máis en "Contos dun rapaz de aldea".
Elenco:
César Maroto
Susana Cortés
Rubén Hernández
Carlos Álvarez “Jano
Chefs é unha mirada divertida sobre o fascinante mundo da gastronomía. A historia céntrase nun chef de gran prestixio que perdeu a inspiración e que ten que confiar nun disparatado equipo de cociñeiros para crear unha receita espectacular e novidosa e así manter as estrelas do seu restaurante.
Carapuchiña é unha nena duns nove anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da súa avoa para levarlle unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce. Na súa viaxe atoparase a un leñador, unhas árbores bailarinas e cun lobo... que fará das súas para intentar papala.
Toda a historia está narrada por Prácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir traballará arreo para escribir o conto máis bonito do mundo: Carapuchiña Vermella.
Lora é unha actriz que sobe ao faiado para facer unha limpeza xeral... en cada recuncho espéranlle moitas sorpresas. Cando no ver baúl atopa a Carapuchiña Vermella comeza o xogo..
Historias de sempre que pasan de xeración en xeración e as veces convírtense en algo único e irrepetible...
Esta programación pode sufrir modificacións.
Autor e director: Jose Prieto
Elenco: Carlos Mosquera Mos, César Goldi, Iolanda Muíños, Ramón Orencio, Fran Facal, Chechu Mosquera
Best boy é o resultado de anos de acumulación de experiencias e vivencias: desde proxectos musicais case improvisados acumulando quilómetros de furgoneta, ata performances de madrugada acompañando as sesións de DJs de moda ; sen esquecer as interminables jams nas que a versatilidade e a soltura en escena son necesarias aliadas.
Influencias ? pois todas : desde o blue grass ao funk máis clásico , desde o soul da motown ata o rock sureño, o pop, o jazz