Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O meu avó é mago

Neste novo espectáculo, a pallasa Mandarina recibe clases do seu avó, o grande ilusionista e prestidixitador Evaristo Poncio.

Na sala de ensaios está todo preparado, só falta que chegue el. Mentres agarda, a curiosa Mandarina aproveita para atusmar nos obxectos máxicos do avó e facerlles maxia aos pequenos voluntarios do público. Ademais de aprender a facer maxia, Mandarina terá que aprender que o avó non vai vir máis.

Galego

Iriña bailarina

Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e  un único desexo: xogar sin límites para medrar sen  "medidas".

Ghazafelhos e María Canosa propóñennos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.

A cabalo do conto Iriña Bailarina de Cristina e Paloma publicado dentro da colección "A Igualdade conta" por Edicións Embora, Teatro do Ghazafelhos leva a cabo un contacontos dramatizado onde o público ten a última palabra.

Galego

Acuario

Elenco:

María Canosa - poeta e actriz

Pepablo Patiño - actor e manipulador

Montse Piñón - actriz e manipuladora

Jorge Casas - actor e manipulador.

Galego

La vida pasa volando

Víctor Grande presenta La vida pasa volando, un espectáculo de monólogos de humor e cancións satíricas na que o cómico fala das súas experiencias vitais axudado pola súa guitarra e a interacción co público.

Humor intelixente, monólogos, parodias de cancións coñecidas e outras de colleita propia. Dende os problemas que teñen os nenos pequenos para facerlle caso aos seus pais ata as novas tecnoloxías, pasando pola comparación entre Galicia e Estados Unidos. Estes son só algúns dos temas dos que se fala neste show fresco e cheo de retranca.

Galego

Brinca Vai! (de aquí a acolá)

Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

 

O músico e actor Paco Nogueiras vai nos seus espectáculos cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina” nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a

Galego

Vaia banda

Coa experiencia dos didácticos destes últimos anos. Odaiko tráenos “Vaia banda...”, didáctico musical,  que se presenta como unha viaxe de catro intrépidos precusionistas.  Nela van descubrir, e compartir novos instrumentos e ritmos.   Conseguindo que os nenos e as nenas non deixen de interesarse en ningún momento do que está a pasar no escenario, mentres van descubrindo novos sons,  guiados por estes viaxeiros.

 

Este espectáculo forma parte da Rede galega de teatros e auditorios.

Galego

Vacacións no mar

Un espectáculo infantil ideal para gozar en familia.

 

Sinopse: A Marina encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega a porto no seu veleiro ... pero nun descoido o pirata Ollo Virollo  róuballe o barco e faise ao mar. Tras 45 minutos de acontecementos. Cumprirá Marina o seu soño de dar a volta ao planeta?

 

 

Galego

Nosa señora das nubes

Elenco: Celso Parada, Josi Lage, Mundo  Villalustres, Pablo Costas.

 

Nosa Senñora das Nubes, escrita por Aristides Vargas, céntrase no encontro de dous personaxes expatriados  nun espazo e tempo indeterminado. Por medio de lembranzas confusas e memorias fragmentadas os personaxes buscan recuperar as historias vividas na súa patria, a lonxana  Nosa Señora das Nubes. Un texto poético e cheo de humor que nos fai reflexionar sobre as ditaduras, as guerras , o exilio e o desarraigo tan presentes no noso tempo.

 

Sobre a peza

Galego

O principio de Arquímedes

Sinopse: Sobre a figura dun adestrador de natación con alumnos infantís, recae a sospeita, manifestada polos pais dos rapaces,  de que puidera tratarse dun pederasta. A sospeita –provocada por un feito con tantos argumentos para que sexa fundada como para que sexa absolutamente infundada– medra pouco a pouco e alimenta o medo, esa sombra negra que, ao que parece,  xa se converteu en presenza inevitable na nosa sociedade. E a bóla medra, e non hai quen a parala; e o monstro do medo desemboca en violencia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios