Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Ale-hop

O desexo de bailar está nalgun lugar da nosa mente, coma os soños. Que é realidade e que é ficción?

Ale-hop é un espectáculo de danza moderna, hip hop e teatro no que os soños se fan realidade e a realidade se fai soño. 

Esta programación pode sufrir modicacións. Confirmar datas e horarios nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.

Galego

A nova historia da cigarra e a formiga

Quen non coñece a historia da Cigarra e a Formiga? A fábula de sempre, a da cigarra vaga e a formiga traballadora.

Pero hoxe imos a contarlles A verdadeira historia da Cigarra e a Formiga a que empezou unha noite de tormenta que fixo que todo cambiara ...

Cambiou a vida da formiga que vive na saída de emerxencia do seu formigueiro e de paso, coida as flores, pero tamén canta as cancións que inventa no seu tempo libre ...

Galego

A nena que quería navegar

Sinopse: A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos. 

Galego

A maleta de Don Attilio

Sinopse: O circo de Don Attilio chega á vila! A pista xa está montada na praza... O público agarda expectante a que comece o espectáculo... Cando... Tatatachán! Por fin! Toni Bombillo, estrela do circo, poderá ver a súa amada María, a filla de Don Próspero, preboste do Barrio alto! Pero estes amores son imposibles, "onde se viu que unha marioneta de luva fina e acomodada se xuntase cunha marioneta de mesa pobre e ambulante?" dirán todos. Pero, ao final, o amor sempre triunfa e as autoridades non serán quen de separar os namorados.

 

Galego

A Frauta Máxica no Maxín

Os Monicreques de Kukas e Zoar Ensemble parten da versión musical para instrumentos de vento da ópera de Mozart para crear unha obra a modo de retablo na que utilizan as marionetas de fíos e a música tocada en directo para representar as escenas principais da ópera e introducen un personaxe real que recorda a un Mozart actual que, ó mesmo tempo que é o narrador da historia representada cos monicreques, achega ao espectador ó proceso de creación musical, nese intre no que o compositor, a partires dun libreto, inventa a música ...

Galego

A fotógrafa

Este proxecto céntrase na investigación do teatro rural amateur e infantil, así coma na creación dende o 2014 de espectáculos para tódolos públicos.

Juan Manuel Frade e Beatriz Rodríguez, xunto con Cristina Collazo formaron parte da primeira peza da compañía, O Circo dos Contos. Na actualidade, Pilar Abades e Cristina Collazo continúan o proceso.

Galego

O baúl do mago

O espectáculo desénvolvese no interior dunha caravana reconvertida nun teatro, pero non nun teatro calquera, probablemente, o máis pequeno do mundo!

Espectáculo de maxia dentro da programación da Rede galega de teatros e auditorios.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios