O poder de Amabel
Dirección: Xosé Leis e Victoria Pérez
Texto: Victoria Pérez, a partir de Érica Esmorís

Dirección: Xosé Leis e Victoria Pérez
Texto: Victoria Pérez, a partir de Érica Esmorís
O lobo e a lúa conta a historia dun lobo que chama pola lúa, ten que falar con ela, ten algo moi importante que dicirlle, pero a lúa está moi alta e non lle escoita. Pequeno lobo fará o imposible para falar coa lúa.
O lobo e a lúa é un espectáculo tenro, acolledor e divertido, pensado para nenos/as a partir de 3 anos, cunha duración de 45 minutos.
O lobo e a lúa é Premio Barriga Verde.
Elenco: José M. Esperante e Cora Sayers
Esta historia comeza cun libro "Máxico" e Xigante do que saen persoaxes fantáticas que traerán historias para contar, cantar e sorprender.
Espectáculo educativo con grandes dosis de humor e diversión.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Autor: anónimo
Dirección: Celso Parada e Andrés Pazos
Elenco: Celso Parada
A vida de Lazariño de Tormes e das súas fortunas e adversidades non ten autor coñecido. O que se sabe é que foi publicado en 1554. Había 62 anos da descuberta de América e o ouro chegaba a España, pero os banqueiros alemáns tiraban a “parte do león”. A inflación trouxo pobreza e aparecen os fidalgos miserables, coma o que se mostra nesta obra. E aí está a neno famento do relato que só pensa en comer e ter un teito.
Sinopse: Cando nos din árbore cada un imaxina unha cousa. Imaxinas una palmeira ou un carballo, ou un piñeiro ou un salgueiro. Coas familias acontece o mesmo, cada unha é diferente pero todas son familias. Non existe a familia “normal”. E nesta historia de historias, familia de familias pasa o mesmo; cada historia é distinta, cada estilo é diferente. A orfandade, a adopción, o divorcio, familias homoparentais, numerosas ou monoparentais son a base para o xogo de tres actores usando o circo, a música e a divulgación científica como xeitos de expresión.
A morte deixa de ser unha inquedanza, un medo ou un final. A través das historias que forman este espectáculo, Caxoto contacontos, fai un repaso polos distintos significados que a morte ten na nosa cultura.
Durante 60 minutos póense deixar os malos agoiros a un lado para poder enfrontarse coa morte de igual a igual. Sen perderlle o respecto, pero cun sorriso nos beizos. Quen sabe, igual ata se descubre que hai de verdade na expresión "morrer de risa".
Unha proposta escénica na que músicos e monicreques se unen para amosarnos a historia do gato Mimí, quen sofre as consecuencias dunha pésima decisión. Dende a perspectiva do gato cando xa é vello as cousas vense diferentes e involucrará a todo un grupo de música para que lle axude a contar polo mundo adiante as súas peripecias.
Un guitarrista que agocha un segredo, un baixista tremendo, uns ratos sobrados de ritmo e moitas máis sorpresas nunha obra sen dúbida asombrosa na que a diversión está asegurada.
Baixo a forma dun divertimento irónico escóndese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa hipocresía, fai imposible a sinceridade. O autor contemporáneo máis representado en Francia escribiu en 1993 esta crítica a unha sociedade chea de regulamentos. Para iso, partiu dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente Baronesa Staffe (a autora era en realidade unha señora da alta burguesía francesa de provincias).
Ficha artística:
Autoría: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño
Dirección: Alex Sampayo
Escenografía: Suso Montero
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Maquillaxe e perruquería: Chicha Blanco
Elenco: Mela Casal, Ernesto Chao
e Guillermo Carbajo
Nadal Máxico é un espectáculo creado pola Asociación de Magos Profesionais de Galicia.
Un espectáculo estructurado en formato gala, con un presentador e catro magos profesionais en escena.
Cada un dos magos amosará o mellor do seu repertorio. O resultado é un show onde o público non terá acougo, de principio a fin.