Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Un paseo pola música negra

BLACK achéganos á música Soul, a esa música de voces negras que alimentan a alma e a sensibilidade e que, a día de hoxe, só podemos oír, na súa maioría, en vellas gravacións. 
 
A través do espectáculo de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces masculinas como Ain't non sunshine ou Hit the road Jack, vibraremos lembrando voces inesquecibles como Aretha Franklin ou Steve Wonder e gozaremos con versións de artistas modernos como Beyonce, Emelie Sande ou Rihanna.
 

Galego

Very very big international magic show

O patrón dun circo no que xa non traballa ninguén vese obrigado a disfrazarse de diferentes artistas para non ter que pechar o seu negocio. Parodiando a diferentes personaxes intentará levantar o espectáculo, pero durante o transcurso do show as cousas complicaránse.
Ilusionimo teatral con comedia, maxia musical, manipulación de cartas, malabarismo, clown, mentalismo, hipnose, etc.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Zaquizami

Un espectáculo vitalista onde xoguetes e trastes abandonados nun faiado (zaquizamí) cobran vida, buscan novas oportunidades e fan dos seus defectos virtudes. Un canto á diversidade, á solidariedade e ao espírito de superación.

Galego

Zona en obras

Atención! Este espectáculo está en obras. Si: está sen acabar. Pero non vos preocupedes. Temos un andamio, tubos de antenista, unha guitarra eléctrica cun looper, unha batería cun capacho e un caldeiro, ferramentas... e a axuda inestimable do público.

Malo será que entre tod@s non acabemos estas historias cheas de música e ritmo. Osos tristes, extraterrestres que viaxan en caldeiros de fregar, cans de palleiro que se converten en superstars...

 

A nova tolería de Brais das Hortas. Narración, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público.

Galego

Xoga

Autores: Entremáns

Dirección: Ana Beatriz e Kirenia Martínez

Creación e Interpretación: Kirenia Celia Martínes e Beatriz Pérez 

Sinopse: Xoga é un xogo para descubrir como es e saber de que estás feito. Un encontro didáctico que combina diferentes elementos artísticos onde o espazo escénico, o audiovisual, a música e a danza sexan unión, pasatempo e espectáculo. Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.

Galego

Up 2 Down

Up 2 Down é un espectáculo de danza-circo, xesto e poesía visual. Unha historia composta por dúas bailarinas, dous cables de funambulismo, dirixidas por un pallaso.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.

 

Galego

Tripula

Sinopse: Unha viaxe estática dentro dun globo aerostático. Un espectáculo para navegar fóra do mundo, deixándose levar polo aire e a imaxinación. Dous científicos iluminados descubriron unha nova maneira de viaxar e  preséntano a un grupo de pasaxeiros. Despois de moito traballo e esforzo atrévense a amosar a súa gran revolución nos medios de transportes: O globo estático.

Premio Feten 2016 ao mellor espectáculo para espazos non convencionais.

Galego

Tita

TITA é unha montaxe de teatro de títeres e actrices sobre a intelixencia emocional e a súa importancia na infancia. TITA amósanos a dificultade de xestionar as nosas emocións co obxectivo de enfrontalas cara a cara para gozar de harmonía emocional. SINOPSE: TITA é unha nena de oito anos moi espelida que ten que enfrontarse a distintas emocións na súa vida cotiá. Na convivencia coa súa querida nai, na escola co seu novo amigo Lucas, TITA vive momentos de gran ledicia pero tamén de fonda tristura, intres de medos aterradores e fortes enfados.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios