Os dous de sempre. Cantareiras de Ardebullo
Elenco: Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán
Mucha e Nucha son unha parte imprescindible da historia do humor televisivo en Galicia. Queridas por centos de miles de galegos e galegas, déronse a coñecer polas súas aparicións semanais no Luar da Televisión de Galicia durante varios anos. E da televisión, aos escenarios das orquestras: percorreron (e percorren) Galicia durante o verán como prato forte das verbenas de infinidade de parroquias, nas que xa contan por centos as actuacións en directo.

