Íntimo a viaxe da miña vida
“Íntimo” é unha viaxe, seguramente iniciática, na procura da esencia da maxia. Alguén moi especial puxo no corazón do mago Teto, cando era un cativo, a semente da maxia, e a partires dese momento medrou nel un soño. O soño de ser mago. Para conseguir cumprir ese soño, o mago Teto tivo que estudiar, preparase, ensaiar e esforzarse moito, pero tamén tivo que viaxar. Viaxar polos lugares onde a historia da maxia foi deixando partes da súa esencia: Viena, París, Londres, Nova Delhi ou Tokio. En cada lugar onde o mago vai, descobre algo da esencia da maxia, pero non todo.

