Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Habemus mama

Xoana: Isabel Blanco
Paula: Sabela Hermida

Sinopse: Paula e Xoana son dúas irmás desesperadas por que a súa nai nonaxenaria pase a mellor vida. Pero a muller non ten intención de morrer nunca.

Espectáculo dentro da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Manar. A derradeira caravana

Manar: Sabela Hermida
Laúd: Hames Bitar
Percusión: Luís Taberna
Voces en off: Ana Abarquero, Manuela Varela e Lino Braxe
 
Sinopse:

Manar, é un nome árabe de muller que, dende o poderío da súa sonoridade, invítanos a penetrar na vida da protagonista, a través da interpretación das diferentes etapas vitáis e emocións da súa existencia, a través da poesía, da música e da danza, elementos que enfatízan a expresión das diferentes realidades polas que transita a nosa protagonista.

Galego

Barrokino

Unha merenda no xardín é o escenario no que se atopan tres instrumentistas, dúas bailarinas e unha actriz. Ela é a anfitriona que invita aos seus amigos a compartir unha tarde placenteira ao redor dunha mesa exuberante, con fina cristalería e abundante froita. Neste espazo bucólinco o tempo deténse mentres xogan coa música e a danza, ou comen e beben entre amigos. A ambientación e os vestidos de época evocan un cadro barroco en movemento.

Galego

Pai non hai máis que un

~Unha comedia clásica de enredo que busca sobre todo facer rir , pero tamén deixar un pequeno pouso, do que hoxe en día está a acontecer nesta sociedade de crise. Todo isto aderezado coa retranca galega que nunca foi gratuíta.

Elenco: ~Xosé Manuel Conde e Julián Rodríguez Novo
 Coa colaboración de:Deborah Vukusic, Quique Fernández, Aurora Maestre, Pablo Dios e Chelo Reguera.

Galego

O ferro

Elenco: Gemma Ulloa e Nacho Martín

Dirección: Tatiana Likhavecha

Sinopse: Esta e a historia dun matrimonio que leva 14 anos xuntos. Luís é un administrativo que traballa nun banco. Rosa é unha ama de casa que comezou estudar administración de empresas, pero antes de rematar quedou embarazada e tivo que deixar a carreira. Ademais, durante os últimos cinco anos tivo que coidar da súa sogra, enferma de alzeimer.

Galego

Ubú Rei

Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Rios, Rubén Prieto e David Creus.

Dirección: Roberto Salgueiro

Galego

Feminino plural. Cancións compostas por mulleres

Feminino plural son Silvia Penide (voz)  e Carla López (voz e teclado). Este espectáculo xorde da necesidade de ambas artistas de amosar o importante percorrido de diversas mulleres autoras no transcurso da historia da humanidade. Quixeron, por iso, trazar un camiño cheo de historias tanto contadas como cantadas, onde se puidera reflectir en pequenas cápsulas musicais a pegada indelébel das autoras que conforman un inmenso e necesario patrimonio universal.

Galego

A cabeza do dragón

Elenco: Ana Sanmartín, Victor Mosqueira, Ivñan Marcos, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina, Marcos Orsi, Quico Cadaval

Dirección: Quico Cadaval

A cabeza do Dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamen na nosa, a cultura europea.

Galego

Maquinando

Situacións irrepetibles, comedia instantánea, creación en directo. Os actores crean historias a partir das propostas do público e resólvenas a un ritmo vertixinoso e hilarante. Cada función é diferente, pero o resultado é sempre o mesmo: non poedrás parar de reir.

Galego

Eva e Adán

Bailaríns: Salvador Roche e Saray Huertas

Coreografía: Asun Noales

Sinopse: Eva y Adán é unha adaptación do mito dende o corpo e as súas posibilidades. A primeira muller e o primeiro home míranse con curiosidade, descóbrense similares e gozan dunha vida salvaxe e idílica. Eva e Adán voa por encima de calquera cliché de sexo ou de xénero.

Un espectáculo de danza actual. Danza para nenos e para toda a familia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios