Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Elisa e Marcela

 Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

Coprodución da Panadaría co Centro Dramático Galego, a Deputación de A Coruña, Concello de Vimianzo e o Concello de Rianxo.

Galego

Cancións para desafinar

Músicos:
Paco Cerdeira (guitarra)
Ánxelo de Xermar (baixo)
Paula Romero (voz)
Rodrigo Muñoz  batería)

A gramola gominola é un grupo de música rock para público familiar que presenta o seu novo libro/CD editado por Galaxia.
Neste proxecto o grupo aposta polo rock en galego, grandes temas que poderedes escoitar cos vosos fillos. Unha proposta de calidade que garante diversión a través da música.

No seu repertorio hai temas de diferentes ritmos musicais que van dende o rock, disco, reggae ou punk.
 

Galego

1Deseo

Que un desexo pareza posible ou imposible non é garantía de que se cumpra. Os nosos desexos conviven cos desexos dos demais, como nós convivimos con amigos, familiares, coñecidos, descoñecidos. A convivencia modifica as nosas vidas. Non somos donos dos nosos desexos.

1 DESEO. Un espectáculo que fala das relacións, do cotián, do amor, do desamor, do medo, da alegría. Un espectáculo que se desprende do romanticismo da frase pide un desexo!, a través de historias e vidas que coinciden por un tempo nunha sala de espera. A sala de espera dos desexos.

Galego

El apartamento

Elenco: Laura Barba, David Tornadijo e Miguel Molinero

Cando o circo é protagonista no salón de calquera fogar, todo pode escapar da normalidade e converterse en excepcional.

Circk About It presenta unha situación cotiá como pode ser a convivencia nun apartamento para explicar como a rutina pode romper con facilidade, simplemente engandindo unhas pingas do mellor circo.

Espectáculo fundamentado principalmente nos equilibrios e saltos acrobáticos, con pinceladas de humor, mostra un traballo corporal moi visual que atraerá a todos os públicos.

Galego

Pum, pum!

Elenco: Andrea Bayer e Davide González

Marieta é unha nena coma calquera nena de 5 anos, ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias. Historias que teñen música e cantan cando Marieta quere,  pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo, que nunca contou e ninguén escoitou, por iso Marieta ás veces non fala e queda calada, por iso Marieta sempre se enfada, por iso dende hai tempo ten pesadelos e máis pesadelos.

Galego

Redondo

Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas.

Sinopse: A Mr. Round encántanlle todos os obxectos redondos, cada día sae á rúa en busca dos máis curiosos obxectos con forma esférica, obxectos que agochan dentro un feixe de historias por descubrir.

Elenco: Juan Rodríguez

 

Galego

Unha rosa entre as pernas

Dirección: Gloria Rico
Texto: Alfonso Becerra de Becerreá

Dúas persoas. Unha situación cotiá dentro do cuarto de baño. Ou non, depende de para quen. Queredes acompañarnos?

Ficha artísitica
Elenco: Xosé Luis Bernal "Farruco" e Roberto Leal
Escenografía e vestiario: Teatro en Punto
Duración: 15 minutos
 

Galego

As parábolas de Pakolas

Música infantil para compartir en familia. As Parábolas de Pakolas chega da man de Paco Cerdeira como espectáculo de pequeno formato no  que Pakolas, interpreta en directo unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con música xirando en torno ao rock e outros estilos que entusiasman aos cativos e cativas, e con letras sempre axeitadas para os mais pequenos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios